Vázquez deixará o liderado do BNG

Como adiantou GC antes do Consello, o actual portavoz nacional do BNG asume a responsabilidade do 21-O. Rodríguez (UPG) chama á "autocrítica" dentro da fronte sen "nerviosismos". Outros dirixentes piden a celebración dunha nova Asemblea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2012 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A mediodía confirmábase a noticia adiantada por GC a primeira hora do sábado. O actual voceiro nacional nnunciou un proceso para un novo proxecto nacionalista e que non se presentará á reelección como portavoz nacional do BNG na próxima asemblea extraordinaria.

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez | Fonte: BNG

Vázquez dixo que "toca asumir responsabilidades" porque "o pobo galego decidiu que o BNG sexa oposición, e decidiuno cunha perda importante de votos". O político pontevedrés desbotou presentarse de novo a voceiro nacional.

Vázquez fixo este anuncio durante o Consello Nacional deste sábado.

Antes deste anuncio, GC xa informara que Guillerme comunicou razóns principais desta decisión á Executiva do luns. O motivo é para asumir personalmente os resultados dos malos resultados do pasado 21-O. O BNG perdeu máis do 40 por cento dos votos.

Ao longo da semana, o líder nacionalista asumiu, a diferencia do acontecido durante a noite electoral, que a baixada de 5 escanos de máis de 130.000 votos fora un resultado "moi malo" para o BNG e evitou culpar a outros partidos, nomeadamente a AGE, do acontecido.

Precedente de Quintana

O Consello Nacional aceptou esta decisión. Tamén o ex lider nacionalista Anxo Quintana decidiu presentar logo das eleccións do 2009 a súa demisión. De feito, en parte, a decisión de Vázquez ven motivada por certas presións internas xa que houbo dirixentes que lembran que Quintana dimitiu por perder só un escano. 

Por outra banda, nesta xuntanza varios dirixentes, principalmente de Abrente, reclaman que se celebre unha Asemblea Nacional para decidir cambios fondos na estrututura orgánica do BNG e, sobre todo, nas orientacións políticas. Polo que se deduce das palabras de Vázquez, haberá esa Asemblea para, entre outras cousas, escoller novo voceiro. Guillerme seguirá no cargo até entón.

Que plans ten a UPG, o partido  máis numeroso na frente, de cara á proxima Asemblea? Varios persoeiros do partido comunista xa pediron publicamente un proceso de "refundación", por exemplo Xavier Vence.

Paco Rodríguez

Pola súa banda, Francisco Rodríguez, o ex-secretario nacional da UPG, publicou este mesmo sábado un artigo no voceiro Terra e Tempo. Por vez primeira Rodríguez, gran referente ideolóxico da UPG, fala abertamente da necesidade da "autocrítica". Iso si, advirte que cómpre facela "ante todo dentro da organización e en diálogo procurado e promovido por nós coa sociedade". 

Rodríguez aposta por un proceso calmado pois "non caben nerviosismos nin menos actuarmos ao ditado de quen procura a nosa destrución". Esta aposta  pola renovación tras unha reflexión pausada coincide co anunciado con Vázquez de marchar do cargo pero non inmediatamente.

De fondo, o debate sobre se o BNG debe tentar tender pontes con Anova de Xosé Manuel Beiras, tras o éxito electoral da coalición dos irmandiños e Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 161 comentarios

53 Lenguda

O BNG, que tome nota do que lle aconsellan os de CxG que comentan aquí, que entón non chega nin a Natal. Señores de CxG, vaian definitivamente para o PP, que é o seu sítio natural (se os queren alí, que dubido moitísimo. Mesmo para ser do PP, hoxe en día hai que aportar algo). E deixen de insultar a Vázquez por "pouco fotoxénico", a Bautista por "bébedo" e a Beiras por "vello e senil". A súa traxectoria empezou nestas elecións, e remata nas municipais vindeiras (para os que se sintan con interese de chegar alí). Fraga e Cuíña senior xa inventaron o PPgaleguismo, eis o seu sítio (para os que aínda non votaron PP)

1 Fóra do país dos ananos

Que mal, que mal, non aprendemos nada. Sempre dicíndolle a moitos galegos de ben por onde teñen que ir. Non, oh, o Bloque que non tome nota de nada, xa leva tempo abondo facéndoo, si, claro, que si. Que estea escangallado e sen moita traza de que a cousa se arranxe ao mellor ímola ter tamén os que estivemos termando do choio e tragando o que non está escrito para votarlles e apoialos desde os tempos das quimbambas. Por outra banda, non é tanto insultar como constatar o que é ben evidente (con algo de saña, iso si, é certo). O homiño ese, Guillerme Vázquez, non tiña o don da palabra, exactamente, nin era tampouco ningún Obama. Logo, a sobriedade do grande líder Bautista imos colocala, cando menos, entre aspas, si? (ai,aquelas noites no Norfolk de Compostela!); e que Beiras xa estea algo velloco para tanta lideira, tampouco é motivo de escándalo, son cousas da vida, a decadencia que a todos nos ha chegar.

52 Kim Il Sung

Os da UPG que poñan a calquera deses inútiles que teñen como concelleiro único en moitos concellos. Canto máis incompetente mellor. Canto menos pense mellor. Xa pensarán por el os do politburó do partido.

51 anonimo

Home...deixará o lderado????? en fin...desexolles o millor na sua nova andaina. Vázquez é unha boa persoa, honrada e humilde. Grandes cualidades nun lider de verdade, mais non é este o caso.

50 Roi Xordo

1º) Pobre Guillerme, un bo tipo no posto, sitio e lugar equivocados, que purga culpas en boa medida alleas. Foi a mostra palpable de que a UPG non ten nin p-u-t-a idea do que é un lider político. 2º) A cuestión é trocar a cultura política da UPG.

1 traballadora

1º) qué pasa, quedou sen traballo e sen paro e ten familia que manter? 2º) a cuestión e trocar a cultura de esperar algo da UPG, independizarse mentalmente dunha vez desa empresa. 3ª) bo tipo, bueno, é a túa opinión. lévao para casa e dalle de comer. jajajajaja.

2 Ricardo

Moito se fala do que se descoñece. Guillerme vázquez é licenciado en medicina e profesor de tecnoloxía sanitaria en FP.

3 traballadora

Lévao para casa e dalle de comer. jajajajajaja.ídolos, nada máis..

4 anonimo

Si, licenciado si.^Pregúntalle cantos anos traballou en FP. Pa casa non o leves, que é moi "sibarita".

49 VERITAS

O 26 de xaneiro de 2012 o BNG celebrou a súa XIII Asamblea Nacional, na que se elixiu a dirección, así como o voceiro nacional e o seu candidato para a Xunta. Presentáronse tres listas. Finalmente, Guillerme Vázquez resultó reelixido potavoz nacional con 2.123 votos fronte Xosé Manuel Beiras, con 1.823 votos; e Francisco Jorquera candidato á presidencia da Xunta con 2.338 votos (53 %) fronte aos 2.043 votos (46 %) conseguidos por Carlos Aymerich. A Executiva formouse con 7 membros de ApU, 7 de +G-EI e 1 de MGS; así mesmo, a votación do Consello Nacional deparou 2.164 apoios (48 %) para ApU, 2.026 (45 %) para +G-EI e 248 (5 %) para MGS. Democracia é liberdade, mais tamén responsabilidade. Em ambas conceptos, o BNG é exemplo.

1 traballadora

impresionante, tanta democracia. para iso non facia falta tanta p u t a d a da UPG. digo eu, non? jajajajajaja. a buscar comparsa para paco, veña, que o de menos e o país. jajajajaja. nada troca, patético

2 Manolo_

Os que sodes patéticos e patéticas sodes a xentalla que só sabedes insultar e difamar agochados baixo pseudónimos como "traballadora". Dime de qué presumes...