Aprovisionamento de alimentos e medicidas para os máis vulnerables en Verín

Os Servizos Sociais do concello e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil habilitan un servizo de entrega domiciliaria para os casos de extrema necesidade e urxencia.

Por X.M. Fernández | Verín | 18/03/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Este novo servizo extraordinario vai dirixido a todas aquelas persoas maiores que vivan soas e/ou teñan mobilidade reducida para facilitarlles a chegada de produtos de primeira necesidade.

Praza Maior de Verín. Foto: XMF
Praza Maior de Verín. Foto: XMF

Os beneficiarios e beneficiarias, que xa foron debidamente informados/as da súa activación, serán tanto os usuarios e usuarias dos Servizos Sociais e de Dependencia do Concello como os/as rexistrados/as nas listas de espera dos respectivos servizos.

Se algunha persoa do Concello de Verín, que sexa maior e estea soa, necesita  este servizo pode chamar ao 988414776 ( Servicos Sociais) de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta