O BNG cre que o despregamento do Exército é para "dar unha mellor resposta a situación de emerxencia"

Ana Pontón insiste en limitar todas as entradas a Galicia e di que se teñen que adoptar "máis medidas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, insistiu en que se teñen que "blindar" todas as fronteiras de Galicia e non unicamente limitar a circulación con Portugal, co fin de conter a propagación do virus covid-19. E neste contexto tamén se referiu á presenza do Exército en varias poboacións galegas asegurando que están para "dar unha mellor resposta á situación de emerxencia".

O Exército patrulla polas cidades galegas
O Exército patrulla polas cidades galegas | Fonte: @miguelnuñez

Á pregunta de que opina do despregamento militar para controlar á cidadanía, a portavoz nacional do BNG considerou que "as medidas hai que valoralas en función da situación de excepcionalidade" e se o seu labor é a de "desinfección" ou "resposta sanitaria", entende que "é algo excepcional nun contexto moi difícil" e dar unha "mellor resposta á situación de emerxencia" polo que rexeitou outro tipo de valoracións.

Ademais, a líder do Bloque advertiu de que "se deben adoptar máis medidas" para "salvagardar a vida das persoas" e, neste sentido, "paralizar toda a actividade económica que non sexa indispensable" co fin de protexer aos traballadores e "frear" a expansión do virus.

Tras iniciar a súa intervención cunha alegación de "orgullo" e "agradecemento" a todas as persoas galegas polo seu "esforzo" para loitar contra o virus,  garantiu que o BNG seguirá traballando para "estar á altura" da situación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Realpolitik

Cunha policia autonómica de nós e competencias plenas en estradas, portos e aeroportos non farían falta ós das ametralladoras polas nosas rúas (recoñecidos "demócratas" tipo jusapol...). Somos unha colonia de Madrid en todos os sentidos.

3 Eeee

Do pouco sensato que di o bng, pechar Galicia para que non teñan que pecharnos en casa.

2 Gamela

Máis que limitar a entrada... cómpre evitar que se leven os nosos recursos contra o virus... https://twitter.com/00Gamela/status... Pero estamos a falarlle ao vento !!!

1 Valdeorras Nazon

Pontona. As únicas fronteiras a pechar son as de Valdeorras. Non temos casos desa peste. Canto mais lonxe mellor.

1 Sentidiño

Os datos de Ourense (onte eran 32 casos) inclúen Verín e Valdeorras.