Récord histórico no consumo de televisión: máis de cinco horas

A Policía de Ferrol sanciona a tres persoas que transitaban pola rúa e a un bar aberto.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 18/03/2020 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Os galegos viron máis de cinco horas de televisión de media o 17 de marzo, o martes con maior consumo televisivo na historia en España. Supoñen 74 minutos máis que a media de marzo de 2019.

Os españois dedicaron este martes 317 minutos por persoa ao día a ver a televisión --media de minutos sobre o total do universo de España que tamén pondera aos que non viron nin un minuto de televisión--, unha cifra por encima do dato en Galicia (303 minutos).

Así o reflicten os datos facilitados a Europa Press por Barlovento Comunicación, que apuntan ademais que o tempo de consumo de televisión por espectador este martes 17 de marzo foi onte de 403 minutos --media de minutos daqueles que viron a televisión polo menos un minuto--, o que supón 97 minutos máis que a media de marzo 2019.

En relación coa audiencia acumulada de televisión, as cifras sinalan que este martes foi de 34,6 millóns de españois, o 76,3% da poboación, 1,7 millóns máis que a media de marzo de 2019.

Así mesmo, o tempo dedicado á televisión, pero para outros usos como navegar por Internet, ascendeu este martes a 36 minutos por persoa ao día, dous minutos máis que o luns; e o tempo totalizado de uso do televisor --con outros consumos, segundas residencias, etc.-- alcanzou os 354 minutos por persoa ao día, cinco menos que na xornada anterior.

Respecto dos targets de maior consumo de televisión deste 17 de marzo, foron os maiores de 64 anos os que rexistraron o seu máximo histórico con 476 minutos por persoa ao día. Pola súa banda, as persoas de 45 a 64 anos dedicaron 393 minutos de media, e as mulleres, 338 minutos. O tempo dedicado a ver a televisión por parte dos citados targets descendeu o martes en relación coa xornada do luns.

O mundo do café cada vez máis especializado
O mundo do café cada vez máis especializado

TVG

A Televisión de Galicia decidiu, practicamente, dobrar cada día a súa programación infantil para contribuír a facerlles máis levadío aos máis pequenos o confinamento obrigatorio pola pandemia de coronavirus.

En concreto, segundo explicou a entidade, a segunda canle da Televisión de Galicia ampliou a máis de 12 horas diarias a oferta do 'Xabarín Club', con series adaptadas a audiencia infantil e xuvenil e en lingua galega.

SANCIÓN A BARES

A Policía Local de Ferrol levou a cabo este martes 138 controis a vehículos e viandantes. Os axentes tamén impuxeron unha sanción ao responsable dun café situado no mercado de Recimil, que estaba a servir aos seus clientes na barra.

Do total das comprobacións, 96 corresponderon a vehículos que circulaban pola vía pública, a cuxos condutores non se lles impuxo ningunha sanción, mentres que, dos 42 peóns aos que se identificou, tres foron denunciados.

Segundo informou o Concello de Ferrol, dous dos sancionados atopábanse paseando aos seus cans pola praia de Doniños e, tal e como comprobaron os axentes, non tiñan o seu domicilio nas proximidades. A outra persoa denunciada foi un home que deambulaba pola rúa da Igrexa ás dúas da madrugada sen poder xustificar a súa presenza na vía pública.

Por outra banda, na mañá deste mércores procedeuse a pechar a área de autocaravanas da Malata, na que se atopaba un vehículo ocupado por dúas persoas de nacionalidade italiana. Indicóuselles que debían "abandonar o lugar".

Tamén este mércores iniciouse a limpeza e desinfección en profundidade dos vehículos municipais. Os primeiros foron os da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, e quedan pendentes nesta primeira quenda os de Obras e Servizos, do guindastre e a escaleira do corpo contraincendios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta