Libre sen cargos a nai detida por ser "membro" de Resistencia Galega

S.M.C.S. ten un fillo lactante de poucos meses. O bebé estivo sen coidado de ningún familiar durante varias horas mentres a Policía interrogaba á moza, agora en liberdade sen cargos. Ferrol, Ourense e Lugo acolleron onte concentracións de protesta, hoxe en Vigo e Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/10/2012 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

O Ministerio do Interior informou onte que S.M.C.S. era un dos membros do "aparato de financiamento" do grupo armado "Resistencia Galega". Tras ser detida na noite do luns, a moza de 37 anos acaba de ser posta en liberdade sen cargos.

Concentración de Ceivar en Ferrol
Concentración de Ceivar en Ferrol | Fonte: ceivar.org

Fontes xurídicas da Audiencia Nacional citadas por varios medios indican que a Policía non foi quen de presentar indicios que vincularan a muller co financiamento da serie de atentados reivindicados en Galicia pola banda independentista.

S.M.C.S. é compañeira de Xúlio S.S., co que compartía piso en Neda, onda moraban cun fillo de poucos meses. Xúlio S.S. segue preso, pois a Policía mantén que el é o encargado de recaudar cartos para financiar a compra de material químico co que se fixeron os artefactos que estouraron en sedes de partidos políticos, patronais e oficinas de emprego. De feito, o Ministerio do Interior ilustrou a nota de prensa das detencións con artefactos intervidos non nesta operación, senón na realizada hai meses en Vigo e nas que se interviron olas con explosivos e detonadores.

O cativo estaba na casa cando se produciron as detencións deste luns. Segundo denuncia a familia e o colectivo de axuda aos presos Ceivar, o neno estivo varias horas en custodia policial, sen que os axentes o entregasen á familia de S.M.C.S. até moi avanzada a madrugada do luns.

Ceivar informa que "para esta quarta-feira, 31 de outubro, estam convocadas concentraçons em solidariedade com Sílvia e Julio em Vigo às 20h diante do MARCO e em Compostela às 20:30h na praça do Pam".  A plataforma de axuda aos detidos independentistas organizou onte concentracións en Ferrol, a máis numerosa, Ourense e Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

6 Prisciliano

Evidentemente os terroristas non están capacitados para criar fillos. Por menos a outros retíraselles a tutela. Temporalmente poden estar a cargo dos servizos sociais da Xunta, e logo han de ser entregados a unha familia normal e honrada que os libre para sempre da nefasta influencia de espécimes como os referidos

1 Suso2

Estou totalmente dacordo. A ver cando lles retiran as tutela, aos policias, grandes empresarios, militares, peperos... Toda esa xentalla causan moito máis terror que Sílvia e Xúlio.

2 Prisciliano

Vai ser que non. Toda esa xente que comentas son o 75% dos galegos. Nin poñen bombas, nin extorsionan, nin ameazan.

3 Fóra do país dos ananos

A ver, oh, non anden argallando sen saber e vaian mirar como anda o da custodia dos cativos pola España...

4 Hermerico

A tua deve ser umha família "normal e honrada" de "gente de ordem" (e noutros tempos braço em alto). Assim saíches, adepto ao regime e braço político dos terroristas, dos de verdade, com assassinatos e torturas por milhares

5 Fóra do país dos ananos

A ver, Hermerico, acougue, non meta agora a familia polo medio e faga un esforzo de abstracción, un exercicio de estilo, algo...Que isto xa está parece un funeral! O prontuario da AGAL é algo ríxido, eu sei, eu sei...

6 Hermerico

Aver, um exercício de estilo, citando os clásicos. Júlio e Sílvia som, com certeza, dos bons e generosos, e o cabrom lá acima é, abofé, dos imbéceis e escuros (porque ao que suja o nome do hereje é que me referia)

7 Fóra do país dos ananos

Mellor, mellor... Non está mal, unha épica así algo vista xa, pero no contexto dos rapaces eses ten o seu aquel...Isto hai que formulalo en estrofas, Hermerico, cousa fina, literaria, que aí a cipaiada é moi frouxa e gaña a nación galega de lonxe, que sempre fomos uns bardos do demo!

8 San Martiño

Prisciliano non é católico. O catolicismo moderno vaticano defende a potestade dos pais para decidir a educación dos fillos, o que explica a postura de Prisci, o herexe enterrado na catedral. Claro que unha cousa é un terrorista outra unha persoa que sae libre de cargos (saber ler).

5 Spanish Proud

¡Joder Hermerico, cuánto daría por conocerte! Feminista, portugueseiro, izquierdoso pijo-progre, jallejista-nazionalista-falante da lingua nai... ¿También haces las tareas domésticas? ¿Planchas y te coses tú los botones? ¿Limpias las ventanas y desengrasas azulejos y campanas extractoras? Me da a mí que no haces nada de eso. A lo mejor, lo hace tu pareja. Incluso creo que puedes ser un poco cochinote y no limpiar la casa porque eso es de burgueses. Es posible que te laves poco para ahorrar agua y no contaminar. No sé... ¡tengo tantas dudas acerca de tí mi amorsón! Anda cuéntame algo de todo esto. Siempre tuyo Spanish Proud

1 Galician

Galiza is not S-Pain Que Voltem Tod@s à Casa! Dispersom, além de ilegal, é deshumana.

2 galegotenerife

ui! isto ponse interesante...

3 Spanish Proud

Anímate tío y pregunta al ínclito de Hermérico quién le hace todas esas cosas.

4 carreiriño branco

Ah. Spanish Proud. machista, godo, derechista, pijo-liberal-autoritario-facha, hablante perfecto de castellano con acento de Labañou, reclamador de derechos que niegas para outros, antiterrorista defensor del monopolio de la fuerza, lector fiel de los libros que cuentan la historia de España ocultando la mitad, tergiversador de Paracuellos y Gernika, ya te conozco porque te soporto desde que nací, e eres la causa de que me encante todo lo que tu no representas. Si de ti dependiera tracionarías a tu madre por un puesto de funcionario

5 Fóra do país dos ananos

Eu, o das "campanas extractoras", véxoo algo retorcido...

6 Hermerico

Andas escaso de "argumentos". Nom se che ocurre nada melhor perante esta heroica acçom do teu braço armado?. E se queres saber de mim pergunta à brigada político-social (se nom és ti), que espiar a disidência política e todo o que fam

4 Ministerio do interior

Non vos poñades así, e que o conto de Al Qaeda xa non da para mais.

3 mk__

Imos ver, señores/as do GC. Agora que a liberarom sem cárregos, vostedes, poñen as iniciais; pero no seu artigo anterior, igual que toda a prensa do sistema, non se cortaron en dar nomes e apelidos dos presuntos terroristas. Coma manual de estilo, e só coma recomendación, non iria mal o de usar sempre as iniciais, polo menos ate que haxa unha sentencia.

1 Fóra do país dos ananos

Pois é certo, aínda sendo do melloriño que hai pola rede destes xornais de galegadas, neste caso, señores de GC, meteron ben o zoco co do nome desta boa muller. Pese a todo, penso que haberá sorte, porque co túzaros que son no Ministerio do Interior ao mellor nin anotan nada e a cousa vai safando...

2 mk__

E ainda que xa está metida a pata, e sabendo que non sodes iguais a outros, polo menos unha desculpiña pública, non estaria de mais.

3 Galicia Confidencial

Crítica merecida e identificación corrixida. Grazas polo tirón de orellas.

4 mk__

De nada e a seguer mellorando.

2 Terrorismo de Estado

http://koroshiyaitchy.wordpress.com...

1 Terreno

Muito bom artigo. Esclarecedor.

2 aqueloutro

Verdades como punhos