Libre sen cargos a nai detida por ser "membro" de Resistencia Galega

S.M.C.S. ten un fillo lactante de poucos meses. O bebé estivo sen coidado de ningún familiar durante varias horas mentres a Policía interrogaba á moza, agora en liberdade sen cargos. Ferrol, Ourense e Lugo acolleron onte concentracións de protesta, hoxe en Vigo e Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/10/2012 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

O Ministerio do Interior informou onte que S.M.C.S. era un dos membros do "aparato de financiamento" do grupo armado "Resistencia Galega". Tras ser detida na noite do luns, a moza de 37 anos acaba de ser posta en liberdade sen cargos.

Concentración de Ceivar en Ferrol
Concentración de Ceivar en Ferrol | Fonte: ceivar.org

Fontes xurídicas da Audiencia Nacional citadas por varios medios indican que a Policía non foi quen de presentar indicios que vincularan a muller co financiamento da serie de atentados reivindicados en Galicia pola banda independentista.

S.M.C.S. é compañeira de Xúlio S.S., co que compartía piso en Neda, onda moraban cun fillo de poucos meses. Xúlio S.S. segue preso, pois a Policía mantén que el é o encargado de recaudar cartos para financiar a compra de material químico co que se fixeron os artefactos que estouraron en sedes de partidos políticos, patronais e oficinas de emprego. De feito, o Ministerio do Interior ilustrou a nota de prensa das detencións con artefactos intervidos non nesta operación, senón na realizada hai meses en Vigo e nas que se interviron olas con explosivos e detonadores.

O cativo estaba na casa cando se produciron as detencións deste luns. Segundo denuncia a familia e o colectivo de axuda aos presos Ceivar, o neno estivo varias horas en custodia policial, sen que os axentes o entregasen á familia de S.M.C.S. até moi avanzada a madrugada do luns.

Ceivar informa que "para esta quarta-feira, 31 de outubro, estam convocadas concentraçons em solidariedade com Sílvia e Julio em Vigo às 20h diante do MARCO e em Compostela às 20:30h na praça do Pam".  A plataforma de axuda aos detidos independentistas organizou onte concentracións en Ferrol, a máis numerosa, Ourense e Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

1 Hermerico

A violência contra as mulheres e as crianças está dentro da melhor tradiçom do fascismo espanhol, como Franco, Fraga, a presente inquisiçom espanhola e outros fascistas tenhem demostrado

1 expaña democracia

menos mal que non a fusilaron como coa nai do dirixente carlista cabrera... en expaña esta avanzandose moito... e que esta facendo don beiras neste caso mira para outro lado...

2 DigoEu

¿Don Beiras? Non sabía que tivese algo que ver neste asunto. Tanto como don Paco Rodríguez ou don Guillerme Vázquez ou dona Ana Pontón, etc. Este camaleón bloqueiro de mensaxes tontas sempre anda orneando.

3 Alto do Vieiro

mmm, que eu saiba o "dom Beiras" foi o único "persoeiro" que protestou publicamente contra as detenções aplicadas a outros rapazes vai uns meses pola suposta pertença à RG (suposta organização nunca demonstrada como realmente existente). E não tivo medo a danar a sua imagem pública. A ver de deixades de emporcalhar os fanáticos anti-beiristas. Ide ao psicólogo, pobrinhos.

4 Fóra do país dos ananos

Boh, case é mellor que o Beiras non saia moito na foto con este asunto, porque ao mellor aínda o escangalla máis todo...Se eu for da familia do paisano que aínda está preso, iría xuntando cartos para pagarlle un bo avogado ao rapaz (deses que estudan nas boas Universidades do OPUS e por aí, como facían os abertzales) e non unha feminista calquera con pouca experiencia e sen moitos clientes como sempre pasa.

5 mk__

http://www.galiciaconfidencial.com/... A formación tamén rexeita "coa mesma contundencia a lexislación 'especial' que desvirtúa na práctica a presunción de inocencia proclamada para todas e todos na Constitución Española". Anova reitera "a nosa postura a prol da derrogación de toda aquela lexislación que non respecte a presunción de inocencia que debe amparar a toda a cidadanía concernida por calquera proceso, acusación ou sospeita".