Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/03/2020 | Actualizada ás 11:18
Fontes sindicais de UGT do Hospital Comarcal de Verín comunicaron a aparición dun primeiro caso de coronavirus neste centro. Sería un caso “importado” por unha persoa que viaxou desde Madrid ata Verín.
A comunicación ao persoal sanitario do hospital fíxose o pasado xoves 19 de marzo pola tarde. Postos en contacto coas xerencias do CHUO e do Hospital comarcal de Verín, non se manifestaron ao respecto. Da mesma maneira, a Consellería de Sanidade remítese ao parte diario que confirmará ou non os novos casos.
Por outra parte, o persoal do hospital de Verín reclama material para facer fronte aos casos que se podan dar no futuro.
CIUDADANOS
Por outra banda, a portavoz de Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino, urxiu facilitar material aos traballadores sanitarios e subdividir os persoais para evitar contaxios masivos de Covid-19 nos hospitais. Así o reclamou nun comunicado remitido aos medios tras as queixas de varios traballadores sanitarios pola falta de equipos de protección individual fronte ao coronavirus en varios centros de Galicia.
A responsable da formación liberal sinalou que os profesionais dos hospitais galegos trasladaron que en Vigo e outros lugares de Galicia non se está protocolozando desde as xerencias a segmentación de servizos.Ç
RENFE
Por outra banda, Renfe devolverá integramente e sen custo, de forma gratuíta, os 280.000 billetes de tren que tiña vendidos para viaxar nestes días e que finalmente os pasaxeiros non utilizarán tras decretarse o estado de alarma no país e a consecuente restrición de movementos de viaxeiros para conter a propagación do coronavirus.
Trátase ademais de billetes que quedaron anulados tendo en conta que Renfe, en virtude das limitacións de transportes que fixa o Decreto, suprimiu toda a súa oferta habitual de trens e habilitou outra adaptada ao establecido polo Goberno que supón unha redución do 85%.
ANIMALISTAS
Por outra banda, a asociación 'Libera!' denunciou a existencia de centos de anuncios nunha web de segunda man no que se ofrecen equitacións a cambio de cachorros, intercambio de cans por bens como consolas ou teléfonos móbiles e outros ofrecementos a pesar da corentena decretada ante o estado de alarma polo coronavirus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.