Xa son catro as residencias de anciáns que teñen a usuarios infectados

Hai sete afectados e cinco traballadores illados "por precaución" en Santiago. Tamén aparecen novos casos en Vigo, Celanova e Caldas. Xerontólogos e especialistas avisan do perigo de manter a anciáns contaxiados no interior destas instalacións, con máis persoas vulnerables. "Nestes centros é moi difícil illalos",

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/03/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Xa son sete os anciáns da Residencia de maiores DomusVi San Lázaro, en Santiago de Compostela, contaxiados con coronavirus tras coñecerse o martes o primeiro positivo. Tamén hai un caso confirmado en Caldas, dous en Vigo e outro en Celanova.

Residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago
Residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago | Fonte: DomusVi

A pesar das medidas de illamento de toda un planta decretadas pola dirección do centro de Santiago, o certo é que os efectos do COVID 19 comezan a aparecer noutros usuarios. Tamén están illados cinco traballadores "por precaución" ao ter estado en contacto cos infe

Os familiares dos usuarios da residencia denuncian censura da información do que está acontecendo no interior do centro, tanto por parte da dirección, como da Xunta. "Non nos deixan falar cos nosos familiares que están confinados nos cuartos. A dirección din que están facilitando medios como videochamadas cando iso non é verdade", aseguran as fontes consultadas por GC.

Tamén critica a Xunta por aplicar os protcolos de contención tarde. Este venres, o presidente Alberto Núñez Feijóo, defendeou as medidas tomadas pola Xunta hai unha semana, co decreto do estado de alarma sanitaria, e suliñou que, grazas a iso, se evitaron “moitos contaxios”. "Custa moito que tomaran agora as medidas cando saben que desde o martes xa hai un caso positivo nesta residencia e actuaron moi tarde", denuncia.

Ademais, os familiares din que están "completamente abandonados". "Non sabemos nada da nosa xente", queixanse. "Pídennos que non colapsemos a centralita con chamadas. E que facemos?, alá non podemos ir, e queremos saber dos nosos familiares. Teñen os nosos mails para tranquilizar á xente e non o fan. Que non vendan fume nin Feijóo, nin a Xunta, nin a dirección DomusVI", denuncian.

Por outra banda, critican que o Goberno galego estea utilizando medios como La Voz de Galicia, a través dalguns traballadores do centro, para acusar aos familiares de ser os responsables dos contaxios.

CONTAXIOS EN RESIDENCIAS

Este venres coñeceronse varios contaxios en residencias galegas. Así, aos sete xa confirmados de Santiago, súmanse, cando menos un confirmado en Caldas de Reis, e dous na DomusVI Barreiro, en Vigo, e, probablemente o médico do centro, ademais de Celanova.

Pola súa banda, a Xunta rebaixa a cifra a nove anciáns contaxiados. De todos eles, hai cinco que están en illamento nos propios centros, que son de titularidade privada, mentres que os outros catro están ingresados en hospitais.

RECOMENDACIÓNS

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) e a asociación Acole, que integra a varias residencias e centros de anciáns de Galicia, avisan do perigo de manter a anciáns contaxiados de COVID-19 no interior destas instalacións, con máis persoas vulnerables. "Nestes centros é moi difícil illalos", comenta a Europa Press a presidenta de Acole, Celina Rey, que ademais dirixe a Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa.

Neste punto coincide o presidente de SGXX, Miguel Anxo Vázquez, quen alerta de que "é unha mala práctica" manter a unha persoa maior con coronavirus nesta contorna, aínda que estea confinada. "Hai que derivar os casos de alta sospeita, e por suposto os positivos, a un centro sanitario", engade.

Precisamente, entre este xoves e este venres coñécense os primeiros contagios en residencias galegas. Segundo datos ofrecidos pola Consellería de Política Social, son nove: un en Caldas de Reis (Pontevedra), outro en Celanova (Ourense), dous en Vigo e cinco en Santiago. Na capital galega, o centro Domus V de San Lázaro mantén a unhas 60 persoas illadas nunha mesma planta do edificio.

Neste contexto, Vázquez alerta de que o COVID-19 é un virus cun índice de letalidade "entre un 11 e un 14 por cento" entre os maiores de 80 anos, mentres que "a media" de idade dos usuarios destes centros na Comunidade "supera os 85".

"Non só son malos tratos á persoa que ten a enfermidade, que tamén, senón aos que non a teñen. É un atentado contra os dereitos das persoas", sinala, non sen antes augurar que se poderían producir máis mortes.

E é que nestas residencias, lembra o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía, conviven persoas que, "ademais de ter esas idades, contan con circunstancias que agravan os factores de risco", como enfermidades cardiovasculares, respiratorias e outras de carácter cognitivo "que lles causa dependencia".

"Moitos teñen demencias", apunta Miguel Anxo Vázquez, quen tamén se pregunta: "Como illas a estas persoas nunha contorna que non está pensado para o illamento?". E a iso hai que engadir que moitos usuarios "non comprenden instrucións" como porse as máscaras ou respectar a distancia de seguridade.

"ALTA LETALIDADE"

Por iso, e dado que "ningunha residencia, nin en Galicia nin en España, ten médicos as 24 horas", estas persoas deben ser retiradas dos centros para evitar que se expanda unha enfermidade cunha "alta letalidade" nesas franxas de idade. Para esta tarefa de illamento, aposta por outras instalacións como "residencias de estudantes baleiras e hoteis baleiros" que poderían ser unha boa opción para derivar aos posibles contagios.

Tamén a presidenta de Acole aposta por esta vía: "Hai infraestruturas, pódense utilizar". Neste sentido, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou leste mesmo venres que o protocolo da Administración galega contempla que, de ser necesario, trasládese aos anciáns a outros centros.

MATERIAL "INSUFICIENTE"

No entanto, Celina Rei suma a esta reivindicación a "insuficiencia" de material protector do persoal, xa que --ejemplifica-- este xoves a residencia Divina Pastora de Vilagarcía, que ela dirixe, recibiu "entre 100 e 150 máscaras e tres ou catro botes de hidroalcohol".

Ademais, afea que "non se están facendo tests" de coronavirus nin aos traballadores, que algúns están "en corentena", nin aos usuarios dos centros, mentres todos eles "comparten o día a día como calquera familia".

"É persoal moi necesario nos nosos centros, non podemos prescindir deles. Necesitamos que se fagan tests polo menos para que queden tranquilos e nós tamén", apela, aínda que descarta de que sexa "un reproche" ás administracións: "Trátase de ser construtivos, falamos coñecendo a realidade".

Así mesmo, a presidenta de Acole constata que as familias están "moi preocupadas" por todos os casos que se están dando en residencias de toda España, pero valora que as opcións tecnolóxicas, como as videollamadas, permiten tranquilizalas. "Agradecemos moito a confianza que depositan en nós", apostila.

"COMUNICAR" A FISCALÍA

Ao fío de todo iso, o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía insta os directores de centros da terceira idade a "comunicar" estas situacións, que tacha de "malas prácticas", a Fiscalía. Precisamente, fontes do Ministerio Público consultadas por Europa Press descartan que haxa por agora unha investigación ou instrución deste tipo aberta nalgún centro de terceira idade na Comunidade.

No entanto, a Fiscalía Xeral do Estado xa comezou a dar algún paso e pediu ás fiscalías provinciais que soliciten datos "sobre falecementos producidos, a existencia de situacións de risco para os ingresados, as medidas adoptadas e as necesidades expostas para unha adecuada protección" nas residencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Caravel

Miguel Ángel Vázquez ten moita razón en todo o que dice e con coñecemento pleno dada a sua dilatada experiencia como médico e xestor de residencias. Anos de esquecemento e privatización por parte das administracions nos levan a esto. Que habiliten centros psiquiátricos -agora pechados- ou plantas hospitalarias -tamen pechadas- polos recortes de feijoo

2 Gamela

Todo sigue sendo fume... a familia de Vigo con dous nenos levan NOVE DIAS na casa en aillamento sen que ninguén fose a facerlle o test... E teñen o Meixoeiro a 5' en coche pero tampouco lles permiten ir a facer as probas en coche! O "puto" PROTOCOLO é unha "merda"! Polo menos se dan positivo terían algunha información sobre o FOCO do Virus (?) Pero así seguimos agardando pechados nas casas ata que eles queiran !!!

1 Guillerme Gintonic

Residencia Privada, de Domus VI, que pertence a un fondo boitre