A corentena provoca momentos de tensión con intentos de linchamento na Coruña

Unha muller denuncia que foi insultada na compaña do seu fillo de catro anos e mesmo acabaron por guindarlle ovos. Denuncian situacións semellantes noutras zonas da cidade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/03/2020 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Unha muller presentou un escrito ante a Policía Local denunciando un intento de agresión na rúa Merced, na Coruña, cando, segundo apunta, ía mercar o pan acompañada do seu fillo de catro anos.

Nota atopada nun edificio da Coruña pola tensión social que está provocando a corentena do coronavirus
Nota atopada nun edificio da Coruña pola tensión social que está provocando a corentena do coronavirus | Fonte: remitida

Segundo relata no escrito, varios veciños de distintos edificios saíron polas súas xanelas para increpar, berrar e insultala por estar na rúa en Estado de Alarma co seu fillo. Finalmente, e segundo relata, mesmo lle tiraron auga e dous ovos.

Ela insiste en que saíu co seu fillo a mercar o pan a unha panadería que está a 200 metros da súa casa. Este venres apareceu unha nota no seu portal na que anima a denunciala. saíran a comprar o pan á panadería que está a escasos metros nesa mesma rúa. A agresión produciuse nun traxecto de escasos 200 metros.

Este venres apareceu un nota pegada no portal no que vive animando aos veciños a denunciar a esta muller. Ante esta situación ela mesma decidiu chamar á Policía Local e presentar un escrito  Os axentes informáronlle de que a situación vaia a peor nos próximos días, polo aumento de días de confinamento da xente, así como polo previsible endurecemento das medidas do estado de alarma.

Situacións semellantes aconteceron tamén nas zonas de Monte Alto e Novo Mesoiro, da localidade herculina. En rúas céntricas desta cidade nos últimos días, como a Rúa Barcelona, e especialmente onte, produciuse certo amoreamento de xente, a pesar das medidas de restricción impostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

e só levamos 6 días... este é o perigoso efecto do Estado de Reclusión Forzosa ! Belxica permite sair a facer deporte INDIVIDUALMENTE e mesmo recomendan sair en bicicleta por parellas (se conviven no mesmo domicilio) ! Aquí estamos construindo un Estado Policial Permanente (?) Protocolos sen Humanidade ! Imaxinades como estaremos todos o día 20 ??? Tolos de atar !!! A VIDA precisa ser VIVIDA !!!

1 Ninguén

Está totalmente fóra de lugar a tua última frase no contexto dunha alarma sanitaria deste calibre. En canto á xente que tolea co confinamento, ten un serio problema que terá que ser tratado cando todo isto pase, se é que o superan...