Caballero lémbralle a Feijóo que foi el quen fixo "os maiores recortes da historia" na sanidade pública

Pídelle lealdade e non críticas a Sánchez e lembra que o PP situou a 12 dirixentes que ían nas listas nun posto na administración para "cobrar" do erario público. Tamén Galicia en Común pídelle lealdade e o BNG pídenlle a Feijóo que compre material sanitario "directamente" desde Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2020 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que apoia as medidas en clave económica, sanitaria e social aprobadas pola Xunta para combater a crise do coronavirus, moitas, remarcou, "na liña do que propuñan" os socialistas galegos. Pero criticou que Feijóo utilice a crise para atacar ao Goberno centrla e lembroulle que foi el quen fixo "os maiores recortes da historia" na sanidade pública galega.

O BNG urxe comprar material santiario e realizar probas en residencias de anciáns. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
O BNG urxe comprar material santiario e realizar probas en residencias de anciáns. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Nunha rolda de prensa 'en liña', Caballero criticou a Feijóo por tentar "tensionar" e "caer na estratexia de seguidismo do PP e dalgúns varóns populares". "Esa liña non é acertada", dixo en alusión ás constantes críticas de Casado ou dos presidentes autonómicos de Madrid e Andalucía, do PP e tras as críticas de Feijóo a Sánchez deste venres. "Dous días despois do Estado de Alarma Feijóo xa andaba dicindo que non había material pero ten que ser consciente que foi el quen fixo os maiores recortes da historia na sanidade pública galega", espetou.

"Agora é momento de lealdade para loitar xuntos contra o coronavirus", espetou ao tempo que recoñeceu que a Xunta está a adoptar "medidas positivas" na loita do coronavirus "seguindo as indicacións do PSdeG" con algún paso dado no ámbito sanitario e económico. Con todo, engadiu que, aínda que estas iniciativas van "na boa dirección", hai que "seguir traballando" sen quedar "nunha resposta de curto alcance".

Caballero tamén reivindicou as medidas impulsadas polo Goberno central por importe duns 200.000 millóns de euros e destacou a activación dun fondo extraordinario para paliar problemas de política social --polo que 17 millóns virán á Comunidade galega--; así como o plan para garantir dereitos a menores en situación de vulnerabilidade (como a alimentación que antes recibían nos comedores escolares), que destina case 2 millóns para os galegos.

CONTRATOS ESTABLES

"Apoiamos todas as medidas da Xunta, pero hai que seguir avanzando. Queremos pedir un novo tempo para políticas sanitarias e o tratamento dos recursos da sanidade tras máis de dez anos de recortes", advertiu, antes de incidir en que parte das "dificultades" que pode sufrir o sistema de saúde público galego derivan deses "recortes".

En concreto, tras destacar o traballo dos sanitarios, urxiu "cambiar as políticas de persoal do Sergas" e que "todos os seus traballadores teñan desde hoxe mesmo un contrato estable para poder traballar con garantías e estabilidade". "Que todo o seu esforzo teña recompensa, é un dereito mínimo", sentenciou.

CRÍTICAS POR RECUPERAR A 12 CARGOS

Por outra banda, sinalou que, aínda que apoia as medidas anunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para combater o coronavirus, non así o feito de que usase " o primeiro Consello tras suspender as eleccións" para "colocar e dar un soldo" a 12 integrantes das súas listas.

E é que o Executivo autonómico anunciou na pasada xornada que os 12 cargos da Xunta que cesaran para ir nas listas do PPdeG ás eleccións do 5 de abril, finalmente suspendidas, foran renombrados e volvían ocupar os seus cargos.

GALICIA EN COMÚN

Tamén Galicia en Común-Anova Mareas esixiu este sábado "lealdade institucional" á Xunta e urxiu mobilizar "todos os medios precisos" na emerxencia sanitaria e económica para loitar contra a pandemia do Covid-19.

O candidato da coalición, Antón Gómez-Reino, avanzou que, na reunión que os representantes dos partidos manterán este domingo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instaralle a tomar "medidas máis contundentes" e centradas "no reforzo e na asistencia" nas residencias de maiores, nos centros de día e de atención as persoas dependentes, "colectivos de risco que precisan dunha acción decicida e inmediata da Xunta".

Máis aló do consenso conseguido para atrasar as eleccións autonómicas do 5 de abril, Galicia en Común instará a todos os partidos a manter "unha posición de país, con rigor e lealdade ante o maior reto ao que enfrontou a sociedade galega na súa historia recente".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia. PSDEG | Fonte: Europa Press

BNG

Por outra banda, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) urxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "pór en marcha un plan B" para "comprar material sanitario directamente desde Galicia" e realizar probas de diagnóstico de coronavirus a "todo o persoal e usuarios" das residencias de maiores, onde están a aparecer varios casos positivos.

Ademais de trasladar todo o seu "apoio" ao Goberno galego para "buscar alternativas" e "actuar ante a falta de material sanitario" que se percibe en Galicia, unha comunidade que "leva máis dunha semana sen recibir subministración por parte do Ministerio de Sanidade". Tamén pide a realización de probas a todas as persoas que traballen ou residan en centros de maiores, unha "medida de prevención, detección e control" para un dos "colectivos máis vulnerables" nesta pandemia.

O partido nacionalista trasladou a "preocupación compartida co Goberno da Xunta" sobre a falta de medios, pero cren que non poden quedar "de brazos cruzados" á espera de reaccións por parte do Ministerio de Sanidade.

Por outra banda, o BNG tamén trasladará a Feijóo a necesidade de "garantir a seguridade económica" de toda a cidadanía galega que ve afectados os seus ingresos, sobre todo no caso dos autónomos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

La vida es un tango, y la muerte un fandango... Pero os políticos sonche todos una boa "MERDA"! https://twitter.com/00Gamela/status... Oes durante este días Carmela Silva está missing ! En Toralla ten boas postas de Sol !!!