Xa son 13 as vítimas mortais en Galicia, tras catro novas mortes o sábado

O último é un home de 81 anos ingresado no Chuac.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 00:31

Comparte esta noticia

O balance en Galicia en relación á pandemia de coronavirus alcanza as 13 de vítimas mortais coa morte dun home de 81 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Segundo informaron as autoridades sanitarias, este novo falecido presentaba patoloxías crónicas previas, como as outras tres vítimas mortais rexistradas este sábado: unha muller de 68 anos e dous homes de 93 e 74 anos, respectivamente, que tamén estaban ingresados no Chuac.

Estas catro vítimas mortais chegan despois de que este venres se confirmaran, só ao longo desa xornada, outros catro falecidos: dous homes de 70 e 79 anos, respectivamente, tamén ingresados no Chuac; así como unha muller de 93 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO); e un home de 89 anos de idade que estaba no Hospital de Monforte (Lugo). Todos presentaban tamén varias patoloxías previas.

Cirurxía no CHUAC.
Cirurxía no CHUAC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta