A residencia de Celanova, o principal foco de contaxio de centros de maiores con 24 casos

Rexistra 13 positivos en usuarios e outros 11 no persoal.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/03/2020 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A residencia San Carlos de Celanova (Ourense) deu a coñecer este domingo que contan con 13 usuarios e 11 empregados que deron positivo no test do coronavirus.

A través das súas redes sociais, informaron de que o centro se atopa "pendente de novas decisións" que lles ofrezan tanto a Consellería de Política Social e do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Residencia de anciáns de Celanova
Residencia de anciáns de Celanova | Fonte: Google Maps

A primeira falecida usuaria dun centro de maiores era, precisamente, deste de Celanvoa e faleceu este sábado no Complexo Hospitalairo de Ourense.

A residencia tamén asegurou nas súas redes sociais que está pendente "de máis resultados" do test do COVID-19 que se realizaron entre os usuarios e os empregados desde o pasado xoves, cando se tivo coñecemento do primeiro contaxio. "Iremos informando os casos a cada familia individualmente", engade.

Ademais, tras coñecer os novos positivos, o centro atópase "pendente de novas decisións" que adopten a Consellería de Política Social e o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Dos 13 residentes contaxiados, hai polo menos un que está ingresado no CHUO, mentres que o resto, segundo fontes de Política Social consultadas por Europa Press, están illados na propia residencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta