Feijóo e Díaz Ayuso, do PP, recrimínalle a Sánchez a falta de material sanitario

Foi na rolda do presidente español cos presidentes autonómicos. Pablo Casado, líder do PP, foi tamén moi crítico con Sánchez nos últimos días, a pesar da situación da Comunidade de Madrid, gobernada polos populares, e que está desbordada pola crise.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/03/2020 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recriminoulle esta mañá ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a falta de material sanitario nos hospitais de toda España, segundo informan a Europa Press fontes autonómicas.

Foi durante a videoconferencia que mantiveron a partir do dez desta mañá os presidentes rexionais co xefe do Executivo. Este último estaba acompañado do catro ministros que forman a autoridade delegada nesta crise: o titular de Sanidade, Salvador Illa; a de Defensa, Margarita Robles; o de Interior, Fernando Grande-Marlaska; e o de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos. XUNTA | Fonte: Europa Press

Os máis incisivos nestas críticas foron dous presidentes autonómicos do PP, a presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso e Alberto Núñez Feijoó, unha estratexia que xa comezou o propio Pablo Casado hai uns días.

O Goberno anunciou este sábado que está a negociar a compra de material de protección individual, de máis de 700 respiradores e de test para detectar o coronavirus. De feito, Pedro Sánchez anunciou que negocian unha operación de compra de 6 millóns de test rápidos. Con todo, a queixa é que este material non chegha aos centros hospitalarios, que se atopan ao límite dos seus recursos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Desmantela que algo queda

Vaites, os mallores privatizadores da sanidade pública sempre abrindo a boca chancla.

2 Luar Oir

Mira quen vai falar

1 TZae

Pois estamos bem, Diaz Ayuso ainda não demitiu a pesares de ser a uma das irresponsáveis da propagação (olho não do vírus) do coronavirus https://www.vozpopuli.com/sanidad/A... “Madrid no se va a cerrar” pelo coronavirus porque algo assim “perjudica gravemente a la economía” entrevista concedida a TeleMadrid o 11 de março. E não há ninguém que lhe tape a boca... pois já temos todo o estado fechado e com consequências econômicas imprevisíveis, isso sim, não afetaram só a Madrid, como sempre o estado centralista repartido as misseiras. Os benefícios, quando os há quedam-se na capital!!