Xa son tres os mortos este domingo

Un home de 72 anos eleva a cifra de falecementos a 16 en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2020 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

Un home de 72 anos de idade faleceu este domingo en Pontevedra e eleva a cifra de vítimas mortais con coronavirus ata os 16 na comunidade galega.

Segundo confirmaron fontes sanitarias, o home padecía patoloxías previas e fora diagnoticado con COVID-19. Permanecía ingresado no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

Con el xa son tres as vítimas mortais que se rexistran en Galicia durante o día deste domingo. As outras dúas son unha muller de 84 anos que faleceu no CHUS e outra de 77 anos que morreu no Hospital Juan Cardona de Ferrol, ambas as con patoloxías previas.

O balance de falecidos segue crecendo en Galicia, pero tamén o número de altas médicas. Desde a pasada xornada, no territorio galego rexistráronse 10 novas altas, que suman un total de 16.

Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Unha ambulancia na entrada do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta