Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

9 Belen Esteban

Seguro que lle quita o sono. Este tipo de periodismo "hooligang" é mais prensa amarela que outra cousa.

8 Costadamorte

Ben, imos rir moito con tanta bronca..., mais... a xente terá que comer todos os días, os traballadores públicos cobrar a fin de mes, os doentes recibir atención médica, os nenos e mozos ter un colexio, instituto ou universidade a que ir... Supoño que queremos ter auga na bille e que o alcantarillado nin cheire nin contamine, etc..., e iso non se arranxa con broncas insultos ou ameazas, (ben, con ameazas ao mellor si, pero teñen que ser serias e cribles)... Primum vivere, deinde philosophare...

1 Costadamorte

Digo que con ameazas ao mellor si porque lembro a un concelleiro dunha vila, fai moitos anos, (era do PSOE), que contaba que estivera en Oñati na transición, e alí as cousas funcionaban, que cando un veciño recibía un mal servizo da administración, queixábase en público e facía correr a voz, e cedo chégaballe un recado da ETA ao funcionario implicado, e ese inmediatamente púñase as pilas para que non seguiran as críticas a sua actuación..., (gracias a iso tiñan o apoio popular que tiñan), pero non imaxino aos de ANOVA ou IU recurrindo a ise método...

2 Costadamorte

Co anterior quero decir que non todo pode ser bronca, que hai que solucionar problemas, o PP ten que xastionalos, e a oposición, para ser crible, ten que facer propostas realistas... Coño, que xa quedou claro dende a primeira campaña de Clinton... É a economía, estúpido!...

3 Lendas rurais

Na mesma Oñati de Lope de Aguirre? A sonada Oñati de fabrica de ferramentas, nas cales traballei hai tempo?. Nunca tal vin, tedes uns amigos en Euskalherria que ao igual que os amigos vascos dos pepeiros dan para moito, o mesmo para un roto que para un descosido.

4 Costadamorte

Eu non o vivín, a min cotoumo o interfecto..., non podo aseguralo, pero el así o contaba, e xa digo que era militante do PSOE e concelleiro..., tamén é certo que coñecín a outro, garda civil no posto da mesma vila, que voltara a terra para alonxalo de alí dempois de que participara na morte dun etarra...

5 Lendas rurais

Mira meu, nos anos que vivin en Euskalherria nunca tal vin, nin tal oin. e tiven enfrentamentos no traballo con varias persoas da esquerda abertzale mais militante. En todolos anos a uneca vez que vin actuar a ETA contrea unha empresa ou traballador, aparte de Ryan o enxeñeiro da central atómina de Lemoiz, foi contra varias empresas de traballo temporal. Empresarios hainos tan reaccionarios i explotadores coma aquí, mais só teño noticias de ataques ou ameazas por non pagar o imposto revolucionario.

6 Hermerico

Nom voltou "à terra", recuou para um território ocupado mais tranquilo, o terrorista esse.

7 Hermerico

Nom voltou "à terra", recuou para um território ocupado mais tranquilo, o terrorista esse.

8 Historias para non durmir

Ou seña que se o carteiro estraviaba as cartas, pois nada tiro na caluga. Non lle teñen quitado bós reditos os políticos españolistas a supostas persecucións ideolóxicas, e desculpar as suas políticas activas con supostas persecucións xerais, por ter unha determinada ideoloxia.

7 Shin Chan

http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

1 Costadamorte

Non o imaxino agora..., en moitos aspectos Feijoo fixo bo a Fraga...

6 picosacro

Que noxo de comentarios. O tempo porá a cada un no seu sitio e daquela xa falaremos. Non o que máis chifla é capador!!

5 Shin Chan

Si pensades que Beiras con IU van dar construído unha alternativa para este país é que sodes moi inxenuos ou moi novos (ou as dúas cousas). Non vos enganedes, moitos votos a Beiras son, en realidade, votos contra a UPG. A UPG une moito... na súa contra. Fóra de aí, fume, fume, fume.

1 eeeeeggg

Hai un mes couceaban porque non se ían poñer de acordo e aquilo era unha festa coa que lle ían quitar a Feijoo a maioría absoluta. Hoxe as comenencias son a repanocha en vinagreta con 7 parlamentarios e maioría do PP pola oposición de bosta que fixo BNPSOE (Soto position light) Ouh yeah!