A Academia de Enfermaría pide "evitar" os bulos informativos

Agradece as mostras de agradecemento espontáneas ao colectivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2020 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A Academia de Enfermaría de Galicia quixo recoñecer e honrar o traballo desenvolvido polo colectivo de Enfermaría e resto de profesionais da sanidade galega, situados en primeira liña na loita contra o virus, "dando mostras dunha entrega e profesionalidade dignas de eloxio, nunhas condicións difíciles".

Así mesmo, a Academia recomenda cumprir coas indicacións de carácter científico-técnico sanitario formuladas polas autoridades competentes e, á vez, "evitar a propagación de informacións non contrastadas provenientes de canles non oficiais".

Nun comunicado, destacou tamén "as mostras de agradecemento espontáneas recibidas da sociedade galega en forma de aplausos", as cales "reconfortan nestes momentos de inquietude e incerteza".

"Non deixamos de recoñecer ao mesmo tempo o importante labor doutros profesionais e colectivos, tanto da nosa comunidade como no resto do Estado e mesmo doutros a nivel mundial", engade a academia, que confía en que esta experiencia sirva para "saír fortalecidos e recoñecer a importancia da unidade universal".

Enfermeiras nunha planta de pediatría
Enfermeiras nunha planta de pediatría | Fonte: consalud.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta