A USC fabricará xel desinfectante para combater a crise

Entrega equipos de protección ao Sergas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou a produción de xel desinfectante para garantir a subministración e abastecemento ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), tras o encargo da Xunta de Galicia para poder afrontar o coronavirus e ante a falta de materiais dispoñibles.

O xel estase elaborado con base de etanol ou alcol isopropílico, e en total fabricaranse 9.000 litros desta solución hidroalcohólica. O lote será distribuído en 18.000 envases de medio litro nos centros sanitarios que o necesiten. Esta produción realízase grazas á transformación e adaptación da planta piloto do Departamento de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago.

A maiores, a institución académica estivo a facer inventario de diversos equipos de protección e desinfección tanto nos laboratorios como nos servizos universitarios dos campus de Lugo e Compostela.

Así, trátase de miles de luvas, máscaras de protección individual, batas, prazas e material para análise que se atopaba en facultades, escolas e centros de investigación, co fin de paliar as carencias en equipos deste tipo que se producen en toda Galicia.

Doutra banda, reorganizouse aos usuarios do servizo de Residencias para ultimar a preparación das instalacións e así polas a disposición do Sergas, en caso de rexistrase algunha necesidade de tipo sanitaria ou hospitalaria.

Un home protexido con máscara e luvas. David Zorrakino - Europa Press
Un home protexido con máscara e luvas. David Zorrakino - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta