Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A líder de EU en Galicia estase revelando como un dos principais crebacabezas do Goberno de Feijóo. Desde que saíu elexida como deputada as súas críticas a Xunta e ao seu presidente teñen sido moi duras. Unha dureza que Feijóo criticou esta fin de semana.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: tomaarua.blogspot.com

"Compracencia ningunha, dureza toda. Non hai ninguén máis antidemocrático que quen condena á fame", contestoulle este martes a deputada de AGE que, nos últimos días, está sendo moito máis activa, tanto nas redes sociais coma nas súas declaracións públicas, que Xosé Manuel Beiras.

"Violencia verbal"

De feito, no PPdeG comezan a temer máis a oposición que poida realizar Díaz e EU que a de Anova, precisamente, pola súa contundencia verbal, aínda que cren que, á longa, lles prexudicará. Precisamente, Feijóo criticou a "violencia verbal" de Díaz e "carencia democrática" dos membros de AGE. 

Por iso, Díaz volveu a insistir en que AGE realizará unha "dura" oposición porque as "políticas" que aplican só "empobrecen aos de abaixo". "Sabe perfectamente a oposición que imos facer porque non temos ningunha complicidade coas políticas da troika, e si a man tendida coas persoas que están a sufrir".

Futuro de AGE

Díaz tamén se referiu ás declaracións dalgúns dirixentes do BNG que apostan por un achegamento a Anova. "Cando se propuxo unha Syriza galega de toda a esquerda, o BNG non tivo a habilidade de recoller a luva", dixo.

Por iso, insistiu en que AGE está para "quedar", xa que EU e Anova traballarán conxuntamente na Cámara. "Son momentos de excepcionalidade política e de converxencia" dixo e lembrou que o propio Xosé Manuel Beiras falou "alto e claro" en días pasados sobre a coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 136 comentarios

17 Liderando

AÍ AÍIIII! LIDERANDO!!!! A LIDERESA DA OPOSICIÓN!! Os demais a poñerse á cola! Como quedou o tema da renuncia a cobrar mais do dobre do SMI dos beiristas ? Secundará Yolanda? Ou será a primeira medida remodelar o despacho?

16 Rayleigh

Di que si Yolandita!! Alguns flipados pensan que votando AGE votan nacionalismo galego. Que risa!!! Beiras NON É O FUTURO. Ten 76 ANOS! O PCE como boa secta que é, daralle manga ancha a Beiras para que, coma mel, atraia as moscas. As sectas fan así con todos os que os poden beneficiar (Vexamos Tom Cruise e a Ciencioloxía) E quen pense facer o mesmo que Beiras, veremos o que duran na "alternativa". Agora van a ver a quen realmente votaron. Collo sitio con palomitas para ver o espectáculo. Ánimo Yolandita. Tes todo o meu apoio para que malles neles. Nos irmandiños, claro. Non das para mais. Por que no PP, os únicos que poden facer esa tarefa é Beiras e o BNG. Por certo ANOVOS!! Recordade: CATRO-CINCO.

1 mk__

Rayleigh coidado coa língua, non a vaias trabar e morrer co veneno. E eso de desexar-lle o pior aos que reconheces que son nacionalistas, xa di ben as claras, que entre Galiza e o BNG que é o que escolles ti.

2 Rayleigh

Eu? Non machiño..alguns ides coller o que sementástedes!! Que ilu!! Estou coma un neno con zapatos novos, dende que decidin que o único que interesa é a miña familia e máis eu. Xa temos o "galeguismo reformista" do PP e agora teremos o "galeguismo reformista" do PCE. Todos contentos! Eres galeguista mk? Pois vaite para casa a facer encaixe de bolillos. Xa están os madrileñitos ensinando os galegos o que é importante e o que non. Como debe ser. E senón procura poñerte firme e que non te trema o puño cando cantes "La Internacional". Non queremos que te acusen de ser un "infiltrado da U", non? CATRO-CINCO, mk!! E só é o comenzo.

3 Rayleigh

Perdon..o comezo?? NOOON!! A Yolandita xa se postulou coma "PORTAVOZ" no parlamento. E Beiras? Queren colocalo de.."Presidente"? PFFFFFFFFF...Ou sexa, Yolandita CHUPA CÁMARA dándose a coñecer, mentras Beiras irá a BBC. É dicir: Bodas, Bautizos e Comunións coma artista invitado. Pois si..Veña MK, seguimos para bingo!!

4 Rayleigh

Pois si..desexovos o pior, por suposto!! O MESMO QUE ESTIVESTEDES FACENDO VOS DURANTE 10 ANOS contra o referente do nacionalismo. E a pesar diso, segue sendo referente (SETE CONTRA CATRO). Próeche? Pois aguantate. Aparte que importa o que vos desexe eu? Non é o PCE CHACHIGUAY e vos vai levar a tocar o ceo? A min os posts de santurróns que van de virxes ofendidas na súa honra, xa podes imaxinar o que me afectan. Ahhh..e a ver se facedes un discurso máis elaborado!! Que parecedes os lobotomizados do PPSOE!! P.D.: O PCE, o 50 % e no resto, temos os quintacolumnistas da FPG de Abalo. Non me digas que non promete, MK!!

5 mk__

Segues sem acertar comigo nem unha, meu. Mais o teu psicológo vai-se forrar. Ainda non te entereches que os que sementaron e recolleron a semente foi as practicas politicas do BNG dos últimos 20 anos (si, Rayleigh, o Beiras e alguns de Anova tamen foron participe delas, non creas que o esquecemos). E non, non son galeguista, nen nacionalista, sobre todo porque ti si te consideras tal, e eu, nen cando perda a razon desexaria ser coma ti. Graciñas polo consello de marchar para casa, pero mira ti, levo demasiado tempo axudando a construir País (non o meu, senón o País), e se non marchei cando os coroneis arrasavades cos movimentos sociais, menos o farei agora. Ha ha ha ha estivo ben a bromiña de infiltrado da U, non te preocupes, hai casas nas que os infitrados e os que non o son teñen o mesmo: unha voz e un voto.

6 mk__

O que faga o grupo parlamentario da AGE xa se irá vendo, mas non creas que todos se van comportar coma vos o vides facendo, ainda que non o creas, fora do BNG hai vida intelixente, e outras formas de facer as cousas (si, tamen fora hai xente que fai o mesmo ca vós, nen neso sodes orixinais).

7 mk__

Pasarei-lles o recadiño da tua parte aos de Anova, xa que sego sen militar nela, así que os ultimos 30 anos estiven noutras leiras, nn me fagas responsables de toda a bilis e xenreira que levades xenerando, é toda vosa meu rei. Mal que lles pese a alguns que levan toda a vida co carnet no BNG (Marios e compañia) ou co corazon nel, Anova, soacialmente é mais que eles, e querese outro xeito de facer as cousas, que pode fracasar, pode, e pode non face-lo. Eu non son adiviño para saber o que vai pasar dentro de 20 anos.

8 mk__

E Rayleigh, en serio, vai ao psicologo, creo que o necesitas, os teus non teñen porque sofrer as consecuencias das tuas teimas. E non me veñas con ese discurso post-21O. Queres que recuperemos os teus post de hai un ano animando aos Irmandiños a marchar do BNG? Decindo que non se ian atrever? POis mira ti, atreveron, marcharon e non lles foi mal a historia. Cando menos un pouco de respeto polo Povo que deciades defender, que polo que se ve, nen eso.

9 Rayleigh

Que sucede MK?? Estoulle dando o meu apoio a nova musa vosa!! Adiante Yolandita!! Que si home que si.."eu non fun" "eu pasaba por ahí"...Canseime desas lerias. Recupera os meus posts, rapaz. PON OS ENLACES! A min ameazas..PFFFFF. Que non lles foi mal que? SE NON SABEN NIN ONDE ESTÁN!!! Corrixeme se me trabuco: AGE nin ten programa, nin estructura interna, nin militantes, nin nada de nada, máis alá dun matrimonio de conveniencia. Andan AGORA a ver que fan co invento. E agora ven "LA VOZ" cantando as súas maravillas? DENDE CANDO A LA VOZ LLE GOSTA O NACIONALISMO? E agora dime..Nas Xerais que ides facer? Sabes? Estou canso de mulleres mesías: Glory para os bifidos, Rosita para os upeideiros e agora Yolandita para os "nacionalistas galegos". Sabes que teñen en común? Que antes de ser musas das súas sectas, XAMAIS SE DESTACARON ANTES POR FACER O QUE DIN. Fora do BNG hai vida intelixente? Eu só vexo a Beiras. Non hai máis.

10 mk__

Cando remates a bilis, poderiamos falar, mentres polo teu benestar psicolóxico e o dos teus, paso. Vou ir á Asociacion de Veciños do meu barrio, sabes onde está a do teu?

11 Rayleigh

Queres que te fale do pobo que votou AGE? Non son os mesmos, pero votaron a AGE pola mesma razón que nos anos 90 votaron ó BNG. Por que supuña unha ruptura co que hai: algo novo e fresco. E cando o BNG puido aproveitar para fidelizar eses votos volátiles..que fixestedes? PUM!! Ou que te cres? Que vos van votar cando os que vos louvan (LA VOZ e afins) vos comecen a pegar puñadas pola espalda? Ou cando xa esteades moi vistos e apareza alguén novo? OS que votaron, non vos votaron a vos, senón contra os outros.Ou alguén vota conscentemente a un conglomerado (nestes momentos, AGE é o que é) de nacionalistas e antinacionalistas, de comunistas e non comunistas, dun partido que mira a Madrid e outro a Galiza? Sodes o BNG dos 90 transplantado ó século XXI. E vos espera o mesmo futuro. Despois de Beiras, NADA.

12 Rayleigh

Que si MK que si..polo que vexo segues namorado. Pois nada meu, que o desfrutes e non me leas se tanta dor te provoca. Eu non te obrigo. E se por algunha razón, ves a Yolandita, dille que un humilde servidor ten todo o meu apoio para CALQUEIRA COUSA. Apoio incondicional. Non sei onde tes o problema. Máis claro non podo ser. Gustoume iso de "unha voz e un voto". Será divertido cando o PCE vos pida iso...

13 Rayleigh

Os irmandiños, Anova ou coma demo se chamen agora, están a piques de ir de palmeiros do PCE na festa anual do PCE. Desfilarán ante o camarada Secretario Xeral Cayo Lara mentras Yolandita recebe a medalla de "Héroe do PCE". O titular está ben claro...MK!! Non me ameazaches con poñer os meus posts? POIS BUSCA e pon os meus posts ONDE AVISABA DO QUE VOS ÍA PASAR! A ver valente!! Ten graza...un que vota ó "tolo" Beiras, chama tolo a outro. Unidade do nacionalismo..os mesmos que a romperon queren unir mentras andan enrollados cun partido que XAMAIS permitirá iso. O PCE nunca foi 2º prato de ninguén nin tolera a ninguén que lle faga sombra nin vai de convidado de pedra a algún convite.

14 mk__

Xa comezas a ir polo bon camiño, creo que acertas en que povo votou a AGE, exactamente ese electorado de esquerdas que no 90 pretendia que se governase doutro xeito, non que se caciqueara en beneficio doutros, e a ese electorado o BNG, defraudou-no, non o 21O, hai xa ben anos. E se AGE repite o mesmo facer que o BNG, terá o mesmo final. Non é cuestión de ser novos e orixinais, mira ti, que se peden os clásicos de toda a vida, transparencia, honradez, defensa das clases populares, enfrontamento coa dereita, non vivir do conto... E o conglomerado, mira que che vou dar a razon, pero non cres que moi mal o tivo que estar facendo o BNG para que unha morea de xente preferira esa "esperanza de cambio" que a marca consolidada do BNG?

15 mk__

Ves coma entendes todo ao revés, de verdade, que non hai un complot xudeo masónico contra vós nen contra ti. Non son ameazas, só incongruencias, que non é o mesmo. É o que pasa cando tes memoria e recoras os comentarios que se fixeron tempo atrás, os meus tamén, pero eu tento ser coerente, e se teño que retificar, fagoo e xa está, non me caen os aneis, nen son perfecto, nen pretendo, con aprender dos erros, xa vou tirando. Eu non te chamei tolo, cres que os psicólogos só son para os tolos? Recoñecerasme que levas uns dias cunha xenreira por AGE e o povo galego que non pode ser bon que a gardes, e un profesional pode-che axudar, incluso un psicologo do BNG que seguro que algun tendes.

16 mk__

E por último, non sei o que fara a xente de Anova, sei o que farei eu, e ante calquer tipo de autoritario, vai-me ter enfronte, chame-ze UPG, PCE, Falange ou Cristo... Así de simple.

17 Rayleigh

Si si..asi me gosta, MK!!! Deixemos o PP en paz! Que nos temos que perder o tempo en unirnos e logo osti.arnos entre nos!! TOTAL!! Como non hai nada que facer en Galiza!! Menudo comentario o teu nº 16, 15, 14. Con xente coma ti, pregúntome por que se convocan eleccións. Que lle dean un cheque en branco o PP!! Es ti que non entende nada. SODES VELENO. Davos o mesmo o BNG, AGE ou Castelao redivivo. Cando vos dea a tolemia (que vos dará, aínda que HIPOCRITAMENTE, vaiades de puros) machacaredes a quen teñades diante. Pobre do que vos faga caso. Sabes MK? Ti es a VERGOÑA DE Galiza. Expliqueime ben? Con xente coma ti, rebentando alternativas, o PP gobernará per secula seculorum.

18 Rayleigh

Non te enteras de nada!! Votaron EN CONTRA DOS DEMAIS. Que parte non entendes? Como cres que o BNG no 1997 conseguiu os resultados que conseguiu? O PP nin se inmutou, os do SOE votaron contra o seu partido, votando a Beiras. Cando cambiaron as cousas, onde foron eses votos? VOLVERON O SOE. Había que fidelizarlos. Pero Beiras dedicouse a DARSE APERTAS CON FRAGA! A xente que votou AGE, volverá os seus redis cando vexa que os outros cambian. ANOVA é Beiras E NADA MAIS. E o PCE NON TEN IMPLANTACIÓN NINGUNHA en Galiza. Con estes vimbios, que esperas? Non te enteras. E o PP? Dalle risa as paletadas dos mesias que van aparecendo na esquerda. Mira as porcentaxes de esquerda e dereita. SON IGUAIS ELECCIÓN TRAS ELECCIÓN.

19 Rayleigh

Votaron en contra dos demais e estes de AGE pensades que descubrístedes a roda. LA VOZ daravos toda a cancha posible para que esnaquicedes o BNG. Logo soamentes con mencionar cousas (non importa que non sexan verdade) sobre o PCE, eliminaránvos. Que tempos cando se tiña que ler deceas de posts criticando a presencia do BNG neste medio dicindo que lle estaba pagando a un medio antigalego. Sería interesante ver a cantidade de publicidade de AGE en La VOZ nesta campaña, non si hipócritas? Estou desfrutando coma nunca, MK. Son galeguista. E recoñezo que os políticos e moita xente deste mundo, son coma nenos malcriados e infantiloides con ínfulas de ser dalgúnha clase superior. Desengañadevos. Sodes moi manipulables, caprichosos e incapaces de ser alternativa A NADA. Nin sequera ó BNG. Os políticos do s XXI non valen para NADA. E os de AGE non son unha excepción. Ineptos que non son quen de quitarlle o poder o 15 % doutro partido. Ou non é así, palmeiro MK?

20 mk__

Ves en canto comezas, lanzaste, e comezas a insultar. Repitoche, eu iria a falar cun psicólogo do partido. Estou encantado que ou ben recoñezas que os políticos do BNG "non valen NADA", ou ben que os políticos do BNG non están no s. XXI, e entón como poden valer para algo cando teñen respostas para problemas que non son desta sociedade. E si, vale, que AGE foi a Voz, que a Voz vos quitou o bipartito, que si, todos somos os malos e culpables, eu persoalmente confeso que lle roubei unha papeleta do Bloque a un meniño. Así estas mais contento? Con boas teorias coma as tuas, para que precisas que a realidade diga o contrario, non meu?

21 Rayleigh

Onde está o insulto? Os ineptos que non son quen de quitarlle o poder o 15 % dun partido, van poñer firmes a un 50%? HOME POR FAVOR!!! Non valen moito os do BNG..pero a vista está que os dos irmandiños MOITÍSIMO MENOS. Antes que votar a outro fora do BNG, voto a ESCANOS EN BLANCO. Mira a miña confianza en vos. Teñoo claro ou non? Falo de políticos nacionalistas EN XERAL. Pero ti te quedas co que te interesa ou no pouco do que te enteras. Teorias? Bueno..eu vin VOZ TV onde se gababan do seu papel no éxito de AGE. Non mo contaron nin o lin. Vino eu. Dende cando en LA VOZ son altermundistas? Veña cóntamo ti que es quen está pegado máis a realidade. Ou cando apareceu a chamada as barricadas no xornal de Santi Rey?

22 Rayleigh

Pero bueno..creo que deberíades ir o médico a curar esas lagoas. Polo teu post, amósase un intento de "defender a LA VOZ" que se apreza no intento de minusvalorar os ataques sufridos polo nacionalismo neste xornal. Agora considerala colega? O importante non é que pensedes vos, senón se para LA VOZ tamén sodes coleguiñas. Para min que non...Pero o realista es ti, non meu? Aplícache o conto de "o pobo que esqueze a súa historia, está condenado a repetila". Ah..e non repitas iso de roubar papeletas que poden aproveitala algúns. Por certo, recordo unha anecdota de Baltar presumindo de face-lo mesmo. Fáltache contalo coa mesma graza pero non desesperes. Pronto faralo. Pois si...todo vaise pegando. E o que ten o "galeguismo reformista" xa sexa de esquerdas ou de dereitas.

23 Rayleigh

Por suposto que vou polo bo camiño. O BNG non sabe por onde anda pero é que os demáis son a vergoña personificada. E non me saias coa UPG, por que despois de metervos na cama co PCE, pois xa me contarás. Aínda que como agora tamén LA VOZ é amiguiña de todala vida, quen sabe!! A algúns lles endozan os oidos con piropos e xa perden o sentido. E logo consideras un insulto cando vos digo que sodes moi manipulables e caprichosos. Pois si...non me digas que non é divertido!!

24 mk__

O primeiro, que pregaria que nom utilizaras as metaforas de meter-se na cama, que deso os vosos Secretarios xerais saben moito, e os vilameas de turno mais. O segundo é que si considero insultos "SODES VELENO", "Ti es a VERGOÑA DE Galiza"... claro que ao mellor son só apreciacións miñas por non ter venda nos ollos. E coma ti semella que a tes, enredas todo e cres ver o que che peta, decir que o BNG perdeu o tripartito por moitas mais razons que polo ataque da Voz, é unha obviedade, e que refuxiar-se só no dos demais, non só é unha mentira senon tamen de cobardes, que ao fin tamen conseguen os seus resultados.

25 mk__

As teimas da Voz son suas, non miñas, ou xa non recordas cando apoiou ao comezo a Nunca Mais e as primeiras mobilizacions? Logo Nunca Mais foi un chiringo montado pola VOz? E xa che digo eu que non, para que non o saques de contesto. Que si Ray, que sodes los mas guays, e por riba tedes a mesma retranca cunha Zarzuela... En fin, 30 anos de historia para rematar así, pero nada, segue turrando co mesmo, que vas ter os mesmos resultados, e 3 millons que deber no banco.

26 mk__

E repitoche que eu non milito en Anova, pero cada vez que abres os beizos, dan-me gañas de afiliar-me, asi que tu segue meu, segue dando grandes pasos adiante cara o Abismo. E mira que opinar todas esas cousas de alguen que nen coñeces, nen sabes se é real, nen o que fixo ou deixou de facer na vida, ten mérito, pensaches en porte a escrever? Ao mellor é n bon sistema de sacar a raiva que che carcome?

27 Rayleigh

Pois afiliate, home!! Quen cho impide? Cres que te vou suplicar que non o fagas ou me vai asustar? De feito anímote. Con xente coma ti, ese partido está condenado ó fracaso. E si..sodes puro veleno. A vista está dos resultados. DEZ ANOS envelenando o ambente no galeguismo. E eu considero unha vergoña a todo aquel que permita o goberno do PP. Non hai máis que ver cantos de vos, se apuntan incluso o bombardeo do PP. Anda o que me vou a rir, cando vos toquen a vos (que vos tocara). Que falas de Nunca Mais? Ti falas de 2012 e eu te falo do 2012. Creo que nunca un partido coma AGE recén montado tivo a cobertura mediática (Por que? Volveuse nacionalista Santi Rey? ) que tivo. E logo as autopalmadiñas nas costas que vin eu...Pois nada. E os 3 millóns eses...que te cres? Que os camaradas comunistas non teñen débedas? jajajajaj. Home por favor!!

28 Rayleigh

O BNG non son os máis guays. Pero en 30 anos de historia chegaron a cousas que os irmandiños nin chegarán en soños. Ó fin ó cabo, gobernar Galiza non é o seu obxectivo. E visto o argumentazo ese da "Zarzuela". Estupendo. Presumindo de intelixencia e de abertos e logo con esas..A mín góstame a música rock. Iso faime anglófilo ou fan acérrimo dos USA? Iso onde me deixa con respecto á política galega? Anda que...Non me extrana que a UPG batera en vos. Pois xa sabes mk. Afiliate a Anova. Faime ese favor. De veras que si. E isto non é broma.

29 mk__

Como vai a terapia? Vexo que non moi ben pero ti ao teu, meu que xa o planeta vai por outros camiños. Voltas a errar, mira se hai outros modelos de orelleiras que estas tapan de mais. Nos últimos 20 anos, eu non militei no BNG, así que creo que non poiden envelenar nada, quizá cando mordiches a lingua, esparexou-se algun pero non ten nada que ver comigo. Recoñezo o teu aquel de pitoniso de valorar as capacidades de xente que nen coñezes, esa capacidade é só tua, ou ben co carnet? Todo aquel que permite un governo do PP.... logo odias ao BNG, porque permitiu governos do PP, non xa nalguns concellos, senón ao non apoiar electoralmente ao PSOE, ou ignoras que se BNG e AGE se apresentaran xuntos, e sacaran os mesmos votos, o PP teria maioria absoluta igual? Só é cuestión se sumar e dividir, eu confio en que ti podes, meu.

30 mk__

Que a prensa acribille a miña ideoloxia, mira, levo-o sofrendo mais de 30 anos, (e unha boa parte co aplaudimento do BNG), así que non seria nada novo, non te preocupes, alguns xa estamos afeitos e traballando para que eso non nos afecte, hai vida nos medios de comunicación mais alá da Voz e dos que se sobornan con subvencións. Pode gostarche a musica que queiras e o máxime é que teñas un gosto deplorable, musicalmente falando. Ainda que non me negaras que retranca nas Zarzuelas como que non che hai, se así é poderás recomendar-me onde.

31 mk__

O de Nunca Mais, pois mira ti, nas primeiras semanas do Prestige a Voz non só lle deu cobertura, senón apoiou a Nunca Mais, e non entendimos o por que, pero fixero-no. Si e despois cambiou de bando, como acostuma a facer a Voz. Con eso só queria subliñar que a Voz ten as suas teimas, e ás veces, son só teimas temporais. Pero que coincida con outros en cousas concretas non significa nada para min, no referendum da OTAN coincidimos facendo campaña polo NON cos de Falange, e non por eso coincidiamos nen nos seus motivos nen na sua ideoloxia, pero o certo é que votamos Non.

32 Rayleigh

Jajajaja...apoiou a quen? LA VOZ non fai nada de balde. Viu unha oportunidade para chantaxear o PP e tomouna. LA VOZ só emprega ó nacionalismo para pillar cacho. Cando o conseguiu...pois adeus e moi boas. Ti mesmo estaste quedando en evidencia. ANOS E ANOS facendo o mesmo, e aínda non te decataches. Non me estrana que vos apoie. Sodes os máis inxenuos e febles. Fácilmente manipulables. E facilmente bombardeados. Falaches de débedas do BNG? Faime o favor e mira as contas do "novo sindicato nacionalista". Xa sabes, CCOO. ESTÁ EN QUEBRA. Deben unha porrada de millóns. E aquí en Galiza, vanse de farra cos Baltar!! Pois si..O PCE está que non mexan con vos. CINCO DEPUTADOS PARA ELES SOIÑOS! Un partido cunha implantación ridícula e cun sindicato de vendidos e arruinados. Estes si que son os verdadeiros vencedores das eleccións.

33 Rayleigh

Xa se veu...En vez de ser alternativa ó PP. Pásmense señores!! Alternativa ó BNG!! Así de guays! E os popularras desfrutando co espectáculo. Queres máis? O PP perde 140 mil votos e sen embargo, consegue 3 deputados máis. Sabes por que? Por que a participación foi do 55 %!!! Si amiguiño. Esa foi a participación. 45% dos galegos non votaron. Nin sequera votaron a AGE. E tendo en conta que AGE non se sabe o que é....pois mira o panorama. PP para 20 anos polo menos. Grazas home!!! Bonita xogada! Gobernar Galiza? NOOON! Que cousas teño...tes razón. Estou fora da realidade. Soñar con persoas galegas que gobernen Galiza dende aquí, sen intromisións madrileñas..Tes razón. Un soño. O que se leva é o galeguismo reformista "made in Spain"

34 Rayleigh

En fin..Falemos de ti. Cando te vas afiliar a ANOVA? Necesitan xente para pegar carteis nas eleccións. Estará ben por que o PCE procurará pegar os seus. Ou polo menos que a maioría sexan dos seus. Unha cousa...a prensa acribille a túa ideoloxía co "aplaudimento do BNG"? PODES SER MENOS CÍNICO? Pero quen lles daba munición? Non eran os marchosos que agora están en ANOVA que a pesares de non aguantar no BNG non se ían nin con auga fervendo? ESTES ERAN OS QUE APLAUDIAN. E ESTABAN NO BNG!! E agora vesme con que te dan gañas de afiliarte con eles? JAJAJAJAJA. Si..afiliate. Tes todo o necesario. Gañas de afiliarte cos que aplaudían e daban munición a prensa para acribillalos. Soberbio!! Apláudoche. Pero cando o fagas, caladiño. O PCE non tolera esas cousas. Por outra criticas os pactos co SOE..se o PP perdera a maioría, con quen pactaría entón AGE? Non mo digas. Co PP como en Extremadura, non? O dito: CON AGE, LONGA VIDA Ó PP!

35 mk__

O teu segue a ser de psicologo meu. Poderiache dicer que me la pela o que faga a Voz, eu non dependo deles, nen para o bon nen para o malo, tamen che digo se en 30 anos non conseguechedes criar-lle un contra-poder a ese xornal, é que sodes patéticos, por certo, ainda non me contestaches que fixera o BNG por Galiza, e sego a esperar, de acordo. Por certo, o meu carnet sindical é da INTG e conseguintes, así que menos lobiños, que no xogo de quen é mais nacionalista, non tes as de gañar. E por enésima vez, que haxa corruptos e ladrons noutros lados, non esculpa os teus, non remexas, e cando menos se as dis, non as creas ti. Para a tua desgraza, a maxoria da militancia de Anova que ten carnet dalgun sindicato, é a da CIG, e logo da CUT, ou cres que todos os afiliados da CIG son do BNG? Baixa un pouco á realidade meu.

36 mk__

Quen dixo que AGE é alternativa ao BNG? AGE é a posibilidade de facer as cousas doutro xeito, ou non. Pero ata esa insignificancia, era mellor que o BNG, polo menos para moita mais xente do que o BNG foi a sua aposta (e vai-lle descontando todo o "voto útil" que xa perdeche-lles). Repitoche se sabes sumar, os votos de AGE e BNG non daban para quitar a maxoria do PP, ainda que se o que defendes é que para gobernar prefires que o 80% do povo non vote (polo PP) e que o 20% restante sexan o parlamento da Galiza, seria unha opción, non me estraaria que a pensaras, pero non é o que eu desexo nen quero, o absolutismo nen de esquerdas nen de dereitas, nen galego nen español; mais entendo o patetico que sodes querendo que a xente non vote para poder gañar. Eu non dou carnets de galeguidade, e ti xa non podes dar nen carnets de veciño da tua escaleira.

37 mk__

E que mira raparigo, as orelleiras non te deixaron ver que eu nen militei no BNG nen nos Irmandiños, sabes, cando vos pelexabades polas poltronas tamen habia nacionalismo fora do BNG, nacionalismo ao cal o sistema atacou "co aplaudimento do BNG", precisas que che refresquen a memoria ou ti mesmo podes? Esas orelleiras fan que só vexas o futuro que ti consintirias, e mira por onde, o futuro pode ser en cor, o branco e negro xa pasou, non sei como será pero si sei como non quero que sexa e ao que non vou apoiar na vida, e nese grupo, estades os do triunvirato do anterior Parlamento. Sabes que á hora de pactar pode-se negociar programa e non cargos? E se non se acpetan uns minimos, é tan diferente un governo do PSOE ou do PP dependendo dos teus votos ata para respirar? Sento-che eu xa non dou mais xeques en branco, eso deixo-llo para outros. Pero nada, xa que pasas do sicologo, un dia destes vemos-nos na cola do INEM, ti segue ao teu ritmo e ao teu

38 mk_

Pois no dos 30 anos, si que quero que me respostes con seriedade que fixo o BNG en todo ese tempo, non para o propio BNG, senón para Galiza. Que fixo que permaneza e non fose auga de dous dias. Que fixo para parar a sangria de galego falantes que hai 30 anos superaba o 90% e hoxe apenas chega ao 60%. Que fixo para deter a emigración continua da mocidade (tamén durante o bipartito). Haber Rayleigh, que fixo realmente o BNG por este País?

39 mk__

E non creas que esquecin a alusion ao do Paco, (e outros históricos do CC), onte non me deixou seguer respostando GC. Hai que ser corto para crer que a miña critica ao Paco era por ser homosexual, coma se houbese algo negativo en se-lo ou non se-lo. Non, rapas, non, a crítica é porque persoas “maiores” e de certo estatus dentro dunha organización X embelesen a adolescentes ou post-adolescentes a manter relacións sexuais o cal, se ben dependendo das idades é legal, moralmente atopa-se moi cerquiña da pederastia, que non é o mesmo que a homosexualidade, e que si é moralmente condeable por calquera persoa sana mentalmente, ou non?

40 Rayleigh

Mi madriña..e eu que pensaba que me enrollaba!! Eu tampouco milito no BNG. De feito algún, por aquí non fai outra cousa que recordarmo como se fora condición sine qua non para non ter dereito. Pobriño! Claro claro..te la pela. Ese é o problema da xente coma ti e de tanto foreiros. Vola pela todo. Non me estás descubrindo nada. Mentras poidades facer o que vos dea a santa gaña, que se f.dan os demais. Pois xa ves...sen alternativa ó PP. Iso si. O ego de Beiras polas nubes e o PCE nin se cren os 5 deputados que trincaron. O nacionalismo galego? VINTESEISMIL VOTOS MENOS E UN ESCANO MENOS E POR RIBA DIVIDIDO! E todo nun escenario onde o PPSOE están en retirada. Pois si..por suposto que vola pela. E a dúas mans!! Si. Tes razón. É para estar orgullosos!

41 Rayleigh

Que expresión tan pequena e que explica todo o mundo nacionalista galego. Que me da unha arroutada e quero facerme o importante? POIS FAGO UN PARTIDO. Que sei que xamais vou chegar a nada? Non importa. Que fago perder votos a compañeiros de ideas e que partidos antigalegos, aumenten a súa cota de poder? Como era, meu? AH SI..ME LA PELA. Así temos máis de 35 partidos nacionalistas. A todos se la pela. Sigamos..Pero que me dis dos afiliados da CIG e do BNG? A CIG ten 70 mil afiliados e o BNG 9 mil. Volves a mete-la zoca? EVIDENTEMENTE que sei que non son o mesmo. E eu ata te aporto números. A min impórtame moi pouco a que sindicato estés afiliado. Pero ti apoias a AGE que ten o PCE e estes controlan a CCOO. E tanto PCE e CCOO teñen uns pufos IMPRESIONANTES. Pero claro..como agora o PCE é galeguista, CCOO é agora o referente. Agora molesta a CIG.

42 Rayleigh

Por suposto que a existencia de corruptos noutros lugares non exculpa os posibles corruptos do BNG (ooohh que dixen!!). Espero que non o digas polo caso dos paneis. Case estou por apostar que podería atopar posts teus, apuntándote á denuncia do PP. Verás...onde está a maior parte da corrupción, meu? Falo do 90%. No PPSOE? Pois haberá que rematar con eles primeiro, non? Ti tranquilo que se empezamos a pelar barbas neses partidos, verás como algúns comezan a poñer as súas a remollar. Pero claro...como dixen: sodes moi manipulables. O PP ordeavos atacar os vosos e como a xente coma ti, ides de puros, pois encantados!! E a corrupción do PP que É INMENSA? 41 DEPUTADOS. Estás intentando xustificar as vosas accións e a min, o resultado saeme o mesmo: O PP GLORIOSO.

43 mk__

Rayleigh, vai a que che poñan outras orelleiras que estas xa están moi defectuosas, dixen que “me la pela” o que faga La Voz, porque non son dos meus, e non me preocupa nen cando te “apoian” nen cando te dan paos. Non amplies esa expresión a que me dea igual toda a demais existencia humana. E se non fora por temas familiares, tamen me la pela que os burrocratas perderan os seus traballos. A próxima, le un par de veces antes de respostar e así non a cagarás tanto. Lembroche que tiñades 13 deputados, 2 en Madrid, 1 senador, un fato de alcaldías e una morea de concellais, 6000 afiliados, e con todo eso non fochedes quen de prantar-lle cara ao PP, ou ao PSOE, e dis que o problema é meu? Sego decindo que algo mal teriades que ter feito para que nen tan sequer una parte importante de nacionalistas vos vexan coma referente, ehhh que pode ser que todos eses estexamos enfermos, pero ainda que só sexa coma teoría, proba a tentar ter algo de empatía.

44 mk__

O problema non é que haxa 10 ou 100 partidos, senón que se consideren parte de algo común, e neso o BNG (e a UPG) teñen a culpa de andar dando carnets de galego por aí adiante: ou comigo ou contra miña, así como queres que me crea que defendemos algo semellante? Eu estou contra o caciquismo de calquera, o BNG, non. De todos os xeitos, cando erades a forza hexemónica nunca vos preocupou o número de capelas independentistas que había, e a eso, chamo-lle oportunismo hipócrita. Respecto ao do PCG, recomendoche mirar os libros de primaria sobre conxuntos, neso de que a parte non é o todo, etc…. Ao mellor despois de repasar, entende-lo algo mellor. Non escoitei a nengunha persoa de Anova decir que o PCG era galeguista, pero se ti o cres, ala ti. A min non me caen os aneis para traballar con non-nacionalistas en campos determinados, por exemoplo nesta Greve Xeral (a cal apoia o teu querido BNG e a CIG).

45 mk__

Busca os meus post, eu non variei a miña postura, hai actos legais que son inmorais, por exemplo o de Camps en Valencia, ou o de Carrumeiro, ou o da Deputación de Lugo, e a de Ourense, etc… E claro que me preocupo da do BNG, (e da do PSOE, PP, IU…) entre outras cousas porque nunca me prantexei votar PP ou PSOE. Parece mentira que segas co discurso de ou comigo ou contra min, despois de que visedes a onde vos levou, pero se me das a escoller: nen con vós nen co PPSOE, así de clariño. Seguirei apoiando a democracia (aberta, plural e participativa) e a transparencia (interna e externa) e por certo, nen agora, nen no pasado, nen no futuro, nen a miña conciencia nen a miña praxe política nen o meu voto está atado a unas siglas, e o teu? Repitoche a pregunta de onte: que fixo o BNG en todo ese tempo, non para o propio BNG, senón para e por Galiza?

46 Rayleigh

As próximas dúas quedaronme no tinteiro. Volvo a repetir...estás namorado. E non ves que os que desangran Galiza conseguiron 41 deputados, mentras que o que ti chamas "o futuro" ten 76 anos, CATRO DEPUTADOS, e aliados cunha señora que quere quedarse con todo o pastel é que lle trae o pairo Galiza como se encargará de demostrar cando reciba ordes dende Madrid. Que? Dixen algunha mentira? Xa ves. A realidade é esta. Estades eufóricos por...? Catro deputados? Temos o que nos merecemos. Senón mira por este GC. O SOE non existe é o PP apenas o tocan. De feito, eu son os dos poucos que non perden de vista os enemigos da nosa terra. A min estas divisións, politiqueos, pallas mentais, enanismo políticos, cainismo, minifundismos varios, que para ti, son fundamentais, para min non valen unha m.erda. E coma min, ó 90 % dos galegos. E si. Non teño avóa.

47 Rayleigh

Que fixo o BNG en 30 anos? Que boa pregunta!! Seguro que un pepeiro pode facela tamén...Pois non sei..poderias FACERLLE ESA PREGUNTA O TEU NAMORADO BEIRAS!! Hai que ter cara e unha boa dose de cinismo para facer esa pregunta e despois votar o referente dese BNG durante 20-25 deses anos. E seguro que votaste algunha vez polo BNG. Unha persona tan intelixente coma ti, que non vota por votar, con gran sentido crítico e estas preguntando que fixo estes anos? Seica estoume pegando cun trol? E para rematar sobre LA VOZ e que te da igual.Teño que explicarcho? Mira. Se a min, o meu inimigo dame palmadiñas nas costas, eu buscaría un espello para ver se teño algúnha navalla clavada. Ou cando menos, preguntaríame que estou a facer mal para que unha persoa que busca a miña ruina me aplauda. Píllalo, estadista? Oíches falar das apertas de oso? Bah!! Sodes carne de cañón e pensades que sodes especiais por que ides agora en 1º fila (tamén chamado titulares).

48 Rayleigh

Por experiencia cando algúen menciona o carrumeiro, é por que xa non ten nada que dicir. NON HAI NADA. NON HAI CASO. NADA? Ah si!! Un artigo de...LA VOZ!! Perdoa meu. Non recordaba que agora sodes amigos. Que puro eres mk!! Que gran tipo! Beiras o teu carón, non ten nada que facer. O mellor non te queren en ANOVA por se lle fas sombra. Caray!! 13 deputados contra..43? 20 alcaldías contra..220? 6000 militantes (MENTIRA! OUTRA MAIS son 9000) contra 90 mil militantes. Pois si..pero agora temos o AGE, non? Que de 315 concellos, vai sacar 400 alcaldías!! QUE FEBREZA DE ARGUMENTOS. E co que da igual 10 que 100 partidos, dislo todo! Non machiño. Non da igual. E senon mira o PP que non permite que lle salga ninguén pola dereita e procura integrar os "independentes" nos concellos. Pero claro..fanno por deporte, non?

49 mk__

Perdoa o retraso, meu, mas estiven de Greve Xeral e non prendin o computador, pero sei que poideches agardar. O minifundismo político por si non é negativo, é-o se non hai colaboración nen solidariedade. Desde o século pasado, veño defendendo que en ves de casas comuns, a idea de aldea común, onde cada quen se organize coma queira e faga o que considere mellor, mas unindo-se para cousas concretas (eleccións, por exemplo), e coa idea de pertercer a un mesmo movimiento, mas con múltiples prácticas, e creo que eso seria positivo para o País, xa que non creo que ninguén teña a verdade absoluta. É dar-lle a volta da película e atopar solución sendo mais idiosincrásicamente galegos, e non menos. Pero o tempo decidirá por onde van as cousas.

50 mk__

Pensei que respostarias cun multiples exemplos do que fixera o BNG, e pola contra só teño esa cutre resposta de ti mais. O Beiras evolucionou, ou ti escoitache-lo defender as ideas do “Atraso Económico” nos últimos anos, e sego a esperar que me digas que fixo. A Voz ten os seus motivos, se cres o que dis, pensa porque inflou ostensiblemente as cifras de manifestantes, polo menos na miña cidade, eu paso de tentar psicoanaliza-los. Pois comigo equivocas, mencionei Carrumeiro e outros mais. A legalidade e a moralidade son cousas diferentes, ou cres que moralmente é correcto que altos dirixentes da UPG creen una empresa que recebe subvencions das Consellarias dirixidas por militantes da UPG? Recordas o da muller do César? E de todos os xeitos, deberían de te-lo explicado moi ben para que non houbese dúvida alguna, que as hai, e non só nese caso.

51 mk__

Xa sei que outras forzas políticas teñen mais representación, mais militancia, etc… pero a que ten o BNG, incluso agora, non é despreciavel. Así que se un xornal vos pon contra as cordas, ou ben o BNG non sabe que facer con ela, ou ben non quere facer nada con ela. Nos dous casos, a responsabilidade non é só do Xornal senón, en moita maior medida do Consello Nacional do BNG. Botar balons fora por sistema da a imaxe de non saber asumir os erros propios e senon os asumes, como os vas solucionar? O que faga ou deixe de fazer AGE xa se verá, o que vos debería preocupar é o que vai fazer o BNG ata as municipais polo menos, porque este País non se merece ter una forza política nockeada e enrabexada (incluso cos seus hipotéticos apoios).

52 Rayleigh

Cutre resposta?? Beiras comandaba ese BNG. E agora e o teu novo Mesías. Que che responda el, que fixo en 25 anos. Ti votaste a Beiras creo? Por que? Góstanche os barbudos? Non son eu quen se ten que xustificar. Sobre o minifundismo..pois nada meu. Que sigan así. Xa se está vendo que o que a xente demanda é que haxa 30 partidos que digan o mesmo pero que non se aturan. CLARO CLARO...Os pepeiros andan trabucados e aínda non o saben. Para listo xa estás ti, mk!! VINTE ANOS DUNHA E OUTRA POLÍTICA xa se está vendo quen ten razón!! E o que anda fora da realidade son eu!!! jajajajaja

53 mk__

Non rapaz, ti estás de psicólogo, non fora da realidade; xa construiches a tua propia, e nen en esa estás a gusto. Beiras cambiou cousas, xa cho dixen, o decrecemento non ten nada que ver co atraso economico, por exemplo. E de Beiras valoro a sua capacidade de autocritica e adaptación, vosa non valoro nen as catro mentiras que repetides a cotio. E sego agardando a ver que fixo o teu BNG? e de paso, en cantas votacións do congreso votaron diferentes a IU?

54 Rayleigh

Sobre o nº 51 xa veremos cando LA VOZ axite o medo o PCE ante a parroquia pepeira. E sobre as municipais..moi ben. Collamos un exempliño. Por exemplo...Teo. Que che parece? Un tal Martiño co BNG ten 9 de 17. Vaise do BNG. Nas próximas eleccións dous cousas a ter en conta: reduzón un terzo das corporacións e o BNG presentará candidato. Teremos que MArtiño, poida que se quede con 4-5 concelleiros, non? POIS NON. Por que o PCE quererá a súa parte de pastel e como son colegas, o 50 %. Xa ves!! Onde antes había maioría absoluta galeguista, nos atoparemonos con 2-3 concelleiros de Irmandiños. DE NOVE QUE TEN AGORA. E o PP? En bloque e unido cun candidato novo. Que che parece?

55 Rayleigh

jajaja..."en cantas votacións do congreso votaron diferentes a IU" Xa vexo. Eres un vendido o españolismo: "Como o BNG vota moitas veces con IU, para que seguir co BNG, se xa temos a IU?" Grazas home!!! O "MEU" BNG? O BNG de Beiras quererás dicir...calqueira que lea, crerá que Beiras pasaba por alí. E xa que falas de Beiras, o de "autocrítica" (Perdón? LEVA DEZ ANOS BOTÁNDOLLE A CULPA A OUTROS) e "adaptación" (Xa se viu...o señor perde 72 mil votos en 4 anos por non asegurar esa base de socialistas que lle PRESTARON o voto. Xa ves..veu un Touriño da vida e recortoulle as distancias en 3 anos. Reflexos de tigre do Beiras)..Pero claro, a culpa é dos "outros". Autocrítica en estado puro. NON REBATES NADA DO QUE DIGO. Limítaches a dicir "psicólogo, psicólogo" coma os loros. Un discurso máis elaborado, home!! Ou non pasaches de 5º de primaria?

56 mk__

Se é que como futurólogo non tiñas prezo, meu. Pero quen che dixo que o as cousas se teñen que facer coma dis ti, é que xa sabes como se fan as cousas en AGE, ou non contemplas outras posibilidades coma candidaturas nacionalistas, por exemplo? Que non hai que facer as cousas coma as faciades vos. Pero se queres demagoxia, di o mesmo de Ferrol, onde se o BNG non perde concellais ou desaparece, os nacionalistas serian mais que agora. Mira que sodes cortos ás veces. E que aparte de mal futurólogo e sociólogo, es pésimo ata lendo. Cando te propuxen o de en que votaron diferente non ia por aí, ves coma hai outras formas de pensar, se o BNG votou sempre coma IU, é posible que o BNG non fixera una política “nacionalista” en Madrid, e tan só de esquerdas.

57 mk__

O BNG era un símbolo de cambio, e coma iso acadou as alcaldías de Vigo e Ferrol por exemplo, e como fixo a mesma política trapalleira que antes fixera o PPSOE, afundiu-se nas seguintes, (autonómicas polo medio) ainda que non o queirades ver, ai están os dados. E os votos non se prestan, non teñen dono, ou é que eso, tampouco o entendes. E non, non pasei de 5º de primaria, primeiro porque cando eu estudei non existía a primaria, e o segundo porque xa vin o que os intelixentes universitarios do BNG fixeron coa sua intelixencia. Para o que sodes hoxe en dia, non fixeron falta tantos esforzos, meu, ao final, só sodes patéticos, e fracasados. Patéticos é subxetivo, e fracasados porque nen o Povo, nen os nacionalistas (una parte importante) cren en vós. E o pior, vós non creedes no Povo. E se cres que non che rebato nada, aparte do psicólogo, fai-lle una visita ao oculista e ao pedagogo, xa que estás.

58 Rayleigh

si si si...Política trapalleira. A cuestión é que sodes uns infantiloides que queredes ser moi rebeldes e cando xa hai que dar un paso ó fronte, queimades os barcos! Si..autonómicas. E quen estaba meu? BEIRAS! Os intelixentes universitarios do BNG pasaron do BNG (de feito, a mellor universidade de Galiza nestes momentos, está dirixida por un nacionalista) por culpa vosa principalmente. Non lles van as estupideces nin o galiñeiro que gusta a xente coma ti. Sodes rebeldes e guays. Necesitades ser rexeitados por que así credes que tedes máis razón. Trabúcome? Con AGE faredes o mesmo. E aparte se tan mal o fixeron...por que esperástedes DEZ ANOS? Ah non..que xa chuchastedes do BNG, e xa non daba para máis e agora a vampirizar outro. E o PP ríndose o ver que credes que tedes todo o tempo do mundo.

59 Rayleigh

Sobre 56 e a política de BNG en Madrid. A min me importa unha M.ERDA así de grande se as iniciativas do BNG coinciden ou non con IU. NON LLE RECOÑEZO A ESTE PARTIDO NINGUNHA AUTORIDADE MORAL PARA DICIR SE ALGO É BO OU MALO. Non entendo iso de poñer "etiquetas" a unha iniciativa (outros chaman iso, "dar carnets". Xa ves. falo ti, non eu). Se unha iniciativa é boa, non ten que ser "de esquerdas". Por que? Por que ti repartes o certificado? Ou o agora camarada Sec. Xeral Cayo Lara? Ou por que IU se define de esquerdas, por exemplo ata os seus sorrisos, son "de esquerdas". E o goberno de IU co PP en extremadura, tamén é "de esquerdas"? Vendo o beneficiado que sae o PP, cando anda polo medio o PCE, ata dubido que este sexa de esquerdas. Máis ben un submarino do PP, non cres?

60 mk__

Rayleigh deixa de mirar-me o dedo, que non me fixen a manicura, e a lua está fermosa. E si, somos os culpables de todo, meu rei, confeso-o (por certo quen somos nós?). E como gostas de remexer comigo caga-la case sempre, nen estupideces, nen cacareos, nen rebelde nen guay, e moito menos base as miñas ideas na negación coma terias percebido se leras o que poño e non as vírgulas, pero se es así, bós seras, pero eu non che merco. Por certo a nivel psicolóxico acabas de facer unha boa diagnose tua, e digo-cho coma profesional. ;) Ves coma non sabes ler-me, eu non militei no BNG neste século, entende-lo? Ves como o lias todo e entendes o que ti queres, decir que IU governa co PP en Extremadura é coma decir que o BNG governa co PP en Fene, cousa que eu non digo. A quen ti lle recoñezas ou non autoridade moral dou-lle a importancia que ten (1/2.300.335), ou cres-te mais importante?

61 mk__

E coas dadas que tanto che gustan, a suma de PSOE, AGE e BNG foron 15.000 votos menos que os do PP, ainda indo nunha única candidatura, perderían-se as eleccións, eso entende-lo? http://www.lavozdegalicia.es/elecci... E despois dos anos de governo de Feijoo e do Rajoy, eso só ten unha explicación porque a oposición tivo que face-lo moi mal, ou tes outra teoría? Haber se repetindo-o, entende-lo, como non teño a verdade absoluta acredito que hai moitos camiños que poden ser bos, e non desacredito nengún a priori, nen o frentismo do BNG, o que non podes facer é xuntar a crítica a como actuou o BNG e crer que esa crítica é á ideoloxia do BNG, ou ao seu modelo de organización, nen moito menos, meu. Fallaron as persoas e as suas prácticas. E non, non defendo o frentismo como ÚNICO camino, pero si coma un camino mais, e o tempo xa dirá quen estaba mais acertado, que supoño que todos en certo grao, e todos errados tamen.

62 Rayleigh

Que che pasa meu? Xa choromicando? Vas de rebelde pero a rebeldía remata cando necesitas tomar responsabilidades. Están moi ben montar pifostios, manifas, xornadas de protesta...pero non podes montalas contra ti mesmo, baseándote na peregrina idea de que seguides sendo "rebeldes". Por iso, AGE fracasará. Non te caiba a menor dúbida. O BNG co PP en Fene? Quen estaba nese concello? Ah siii...un tal IVÁN PUENTES do SOE!! Non expulsou e rompeu o pacto de goberno co BNG? Que pensaba? Que lle ían poñer o q outra vez? E aparte de sobrado..a estreliña do SOE estrelouse e cando o BNG mandao a m.erda MERECIDAMENTE comeza a chorar por un suposto pacto co PP? Agora que o dis..se estes (Iván Puentes, IU Extremadura) son os teus referentes..xente que provoca que a xente se bote en brazos da dereita..A esquerda vai costa abaixo e sen freos.

63 Rayleigh

O PCE a vista está que os fai!! O PCE está en AGE. Logo estás dacordo con eles. Non será que os do PCE pactan co PP e necesitades botar m.rda sobre outros para que non se note moito? Ahh pillabán!! O teu post 61... O problema ven de non dar unha visión homoxénea, ir por libre (Beiras tivo MOITÍSIMO que ver), criticas os compañeiros..E unha constelación de correntes, plataformas, partidos..que non suman máis de 100 membros cada unha. Por outro o caso contrario: o PP. Resultados? A vista están. A REALIDADE É O QUE TEN. De nada serve xuntar 100 mil persoas nunha manifa se logo NON TE VOTAN. E non sigas coas autonómicas...Separadesvos, E CHORAS POR QUE A FALTA DE UNIDADE PROVOCOU A VICTORIA DO PP? E despois de criticar os pactos co SOE? Estás de coña, non? Xamais haberá unidade. O PCE sería un secundario nunha opción na que NON PINTARIA NADA. E ademáis cos vendidos da FPG por detrás...non é posible. Pola vosa mala cachola. A CULPA É VOSA.

64 mk__

Os demagóxicos soen ser intelixentes pero o teu é de parvulario. Aprende a ler o que poñen os demais, non o que ti soñas. Non ves que comparei o de Fene con Extremadura porque as atitudes do PSOE nos dous casos provocan que non se vote por eles? Non ves que a actitude do PSOE en Fene é a mesma do PSOE en Extremadura (chulería, prepotencia, ninguneo….), e aseguro-che que coñezo a realidade de Fene moito mellor do que poderias ti en anos. Coñeces como actua o PSOE en Extremadura? Instrueme meu, por que senon pensarei que repites as mesmas consignas de Intereconomia, o cal explicaría moitas cousas do teu. Cambiade as orelleiras que con estás ainda ides a pior.

65 mk__

…Pero de que guindo caiche? Eu non chorei a falla de unidade, es ti quen acusou a AGE de que a división fixo que gañara o PP, e eu só demostrei que non é certo, que foron outros motivos. E se releras os post anteriores verias que xa incluin a Beiras e Cia. nas criticas que que lle fago ao BNG. Es ti quen improvisa a cada novo post, así que centra-te que senon non paras de esbardallar e levar-te a contraria posts adiante. E sinto-cho, pero sen quitarlle as responsabilidades a Anova ou a FPG, vos non sodes puros, nen moito menos, sodes responsables de moitas cousas positivas e negativas, así que menos aires, cambiar atitudes (as do BNG dos últimos 20 anos), reflexión e menos laiar-se,e senón que teñades sorte no precipicio, e un grande paso adiante, compañeiro!!!! Xuntar 100.000 persoas nunha movilización serven de moito, sobre todo se pretendes cambiar a sociedade e non só ocupar uns postos, pero cada un ten as suas prioridades.

15 Nandiño

Trolls upegallos por que non traballades polo éxito da Folga Xeral do 14 de Novembro e deixades dunha vez de traballar para o PP.

1 Rayleigh

Di que si nandiño!! Que se disolva a CIG que para iso temos a CCOO, un sindicato nada pesebreiro e que non vende os traballadores...O de Ourense e súa relación doa Dinastía reinante dos Baltar soamentes son rumores dos nacionalistas malos. Viva CCOO!!

2 cegos

Que peniña de NOS-UP, pronto xa os sustitue a UPG

14 La puerta de Alcalá

Horror!!!! agora Ana Belen e Victor Manuel lideran a oposición a Feijóo!!! esto a cada vez se asemella mais a berbena da Paloma.

13 Nin temos aboa nin padriños

Que ben vivides os que tedes padriños na aristocracia sindical e política española. Os fillos dos obreiros non temos padriños como tiña Yolanda en Santiago Carrillo, que nos arranxen a vida.

1 A Porqueira

Agora que veña Antón Pérez Bouza, asinando con pseudónimo a decir que é unha pija, que viste en Zara e que ten un Ipod

2 Sra. de Fernández

Que é apijada xa o dixen eu hai tempo sen ser Pérez Bouza. Non a verá apijada un cego.