A Policía pide aos maiores galegos que non fagan caso de "remedios milagrosos" contra o coronavirus que son unha estafa

Aconsella non abrir a porta nin deixar entrar no domicilio a persoas que manifesten pertencer a empresas de subministracións do fogar ou que digan ser sanitarios sen que ninguén lles chamase.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A Xefatura Superior de Policía de Galicia, así como as diferentes comisarías da Comunidade galega, aconsellan ás persoas maiores durante o confinamento para frear o Covid-19 que desconfíen de quen lles ofreza "remedios milagrosos" contra este coronavirus.

Un vehículo da Policía Nacional en Ferrol
Un vehículo da Policía Nacional en Ferrol | Fonte: Europa Press

Así o informou a través de diversos comunicados a Policía Nacional, nos que apunta "unha serie de precaucións para evitar ser vítimas dalgún tipo de estafa", dirixidas en especial ás persoas máis maiores, "que son máis vulnerables ante este tipo de feitos delituosos".

Por iso, aconsella non abrir a porta nin deixar entrar no domicilio a persoas que manifesten pertencer a empresas de subministracións do fogar, "se non os solicitou". Así como a "quen digan ser técnicos, médicos, enfermeiros ou servizos sanitarios, que acoden a realizarlle a proba do coronavirus ou a desinfectar o domicilio".

Tamén inclúe a Policía a quen diga ser distribuidor de máscaras e luvas e afirme representar á Administración. E suma aos que "manifesten ser repartidores de alimentos dunha gran superficie".

Así mesmo, a Policía Nacional fai fincapé en non proporcionar "datos persoais nin datos bancarios a través do teléfono a descoñecidos". "Se nos necesita, chame ao 091", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta