Psicólogos e farmacéuticos galegos elaboran un decálogo para coidarse durante o confinamento

Entre as recomendacións inclúen buscar información en fontes fiables, en concreto do sector sanitario e a través de fontes oficiais.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/03/2020 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia e o colectivo farmacéutico da Coruña elaboraron un decálogo con consellos para coidarse durante o confinamento e que se poden consultar a través das diferentes redes sociais.

Guía de consellos de psicólogos e farmacéuticos galegos para o confinamento pola pandemia de coronavirus.
Guía de consellos de psicólogos e farmacéuticos galegos para o confinamento pola pandemia de coronavirus.

Explican que desde ambas as profesións levan tempo constatando "as dificultades a que se enfrontan moitos pacientes, persoas maiores ou en diferentes circunstancias, para afrontar esta situación".

Entre as recomendacións, están buscar información en fontes fiables, en concreto do sector sanitario e a través de fontes oficiais, "descartando outras mensaxes que nos chegan a través de Whatsapp ou redes sociais de dubidosa ou descoñecida autoría".

Os colectivos tamén animan a ser solidario e na medida do posible non saír de casa e manter unha "actitude positiva e responsable".

O decálogo lembra que as emocións teñen un papel adaptativo e son necesarias "e para poder axudarnos se vemos que son moi intensas están os profesionais sanitarios como farmacéuticos, psicólogos, médicos e enfermeiras", citan, entre outros colectivos, desde o Colexio de Farmacéuticos da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta