A Xunta illará en dúas residencias aos maiores contaxiados ante o incremento de casos

Di que alí estarán máis controlados con persoal sanitario. Estarán ubicadas en Baños de Molgas e en Santiago e terán capacidade para pouco máis de 170 prazas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia concentrará en dúas residencias integradas a usuarios de residencias da terceira idade que dean positivo en coronavirus para que "poidan ser tratados de forma máis medicalizada" e cun coidado "máis directo".

Así o anunciou nunha rolda de prensa ofrecida na tarde deste martes o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que destacou que estes centros "terán un control sanitario máis intenso".

Feijóo explicou que os usuarios de residencias que dean positivo nas provincias de Pontevedra e Ourense serán situados nunha residencia integrada que se habilitará no centro da Fundación San Rosendo, en Baños de Molgas (Ourense), con 93 prazas, unhas instalacións que aínda non foron estreadas.

Pola súa banda, os que estean infectados nas provincias da Coruña e Lugo serán situados na residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, con 83 prazas, cuxos actuais inquilinos serán trasladados ao Hotel Congreso de Teo (A Coruña).

Maiores
Maiores | Fonte: EP

Feijóo suliñou que, actualmente son máis de medio milleiro os usuarios e traballadores de centros contaxiados en oito residencias de Galicia, entre elas, centros de Santiago, Ourense, Celanova, Vigo, Cangas, Caldas de Reis Teo e o Barco

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Violeta 4

Claro, para competente, Irene Montero - el machismo mata más que el coronavirus - Susanna Griso - Todas a la manifestación del 8-M y Carmen Calvo (la que va a la clínica privada elitista llamada Ruber): hay que ir a la manifestación del 8-M porque va en ello la vida.

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Feijóo: poorque non vos ides dunha puñetera vez. Ti e os teu correlixionarios. Sodes todos e todas uns e unhas incompetentes.