Feijóo augura que a situación en Galicia pode empeorar e ser peor que a media das autonomías

Di que as máscaras non son un problema, pero recoñece a dificultade para facerse con material, especialmente, pola "gran competencia que existe entre as potencias internacionais", pero di que a Galicia chegará unha partida na fin de semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/03/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Galicia está lixeriamente menos mal que o resto do estado, quizais por ter tomado medidas antes, pero non podemos descartar que a situación será peor que a actual”. Foi a advertencia que lanzou este martes Alberto Núñez Feijóo quen non descarta que os principais problemas para o país cheguen nas vindeiras semanas e que a situación poida ser peor que a media das autonomías.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fala das medidas para frear o coronavirus.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fala das medidas para frear o coronavirus.. XUNTA

O presidente da Xunta, en rolda de prensa telemática dixo que se segue incrementando a curva de contaxio porque, dixo, “se fan máis números de test”. “E iso que non é malo, tamén nos fai estar preparados para peores momentos que están por chegar”, engadiu. “Non nos ten que preocupar o número persoas contaxiadas. Sería máis doado non facer test e dentro de semanas ter unha enorme presión sanitario”, indicou.

Por iso, e para facer fronte a ese pico, insistiu na necesidade de dispoñer de material sanitario e admitiu que continúan existindo "tensións" pola súa falta, polo que a Xunta prosegue en negociacións para a adquisición do mesmo despois de pedir xa 8 millóns de máscaras e 134 ventiladores, tal e como desvelou a pasada semana. Así, dixo que o problema non son as máscaras, senón respiradores e batas.

"Esperamos que as primeiras entregas se produzan este fin de semana" a Galicia, se non hai ningún problema en Aduanas, en tanto que o material chega desde China, polo que debe pasar por "aeroportos españois" antes de chegar a Santiago de Compostela.

DIFICULTADE

Con todo, tentou rebaixar a tensión con Madrid e recoñeceu a dificultade que ten tanto a Xunta como o Goberno central de fornecerse deste material pola gran competencia internacional que existe entre “grandes potencias”.

Deste xeito, o presidente galego incidiu na necesidade de "cooperación" entre administración autonómica e central xa que nun momento no que a crise do coronavirus é global son moitas as potencias mundiais que queren facerse con material. Explicou, por tanto, que para un servizo de saúde autonómica "non é fácil" competir coas grandes potencias mundiais e europeas, como tampouco o é "competir mesmo co Goberno central que segue tendo a responsabilidade de ter e asegurar material para todos os españois".

Por iso, pediu lealdade e cooperación ao Goberno central, ao que lembrou que é "moi importante a presión que podamos exercer" ante os provedores de material xa que se trata de "seguir coordinándonos entre todos e de estar preparados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Luisón

Cáles son as medidas que tomou antes a Xunta que as outras autonomías?..Sí a maioría das residencias tanto públicas como privadas non teñen nin unha simple máscara de papel.

1 patético

O lider do desmantelamento da sanidade galega agora pide aos profesionais que den as súas propias vidas para salvarlle o cú.... vanno facer polos cidadáns pero agardamos a ver qué pasa nas eleccións porque será unha proba irrefutable da DIGNIDADE da xente. IMPRESENTABLE.