A picaresca da corentena: denunciado por alugar cans para que a xente os saque a pasear

Tras ser denunciado unha vez, este veciño da Coruña volveu publicar en redes sociais un novo anuncio para facer o mesmo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2020 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección á Natureza (Seprona) da Comandancia da Coruña, tras ter coñecemento de que unha persoa anunciaba en redes sociais un servizo de alugueiro dos seus cans para sacalos a pasear na cidade herculina durante o confinamento decretado polo estado de alarma, procedeu á súa identificación e posterior tramitación das correspondentes denuncias.

Segundo informou o Instituto Armado, tamén comunicou ao denunciado que "debía cesar inmediatamente a actividade" por, matizaron as mesmas fontes, "fomentar que os posibles clientes se salten a limitación de liberdade de circulación de persoas, disposta polo estado de alarma".

O presunto autor dos feitos carece de "calquera tipo de rexistro ou autorización como núcleo zoolóxico" para dedicarse á actividade relacionada coa cría e cesión temporal de animais de compañía, matiza a Benemérita, "estando prohibida a cesión ou doazón ambulante destes animais, segundo o disposto na Lei 4/2017 de protección e benestar animal de compañía en Galicia".

Despois da actuación policial, esta mesma persoa volveu publicar dous anuncios similares, polo que se interpuxo de novo acta de denuncia que, indicaron as mesmas fontes, "remitiranse á Subdelegación do Goberno da Coruña por incumprimento do estado de alarma e á Consellería do Medio Ambiente da Xunta por incumprir a normativa de benestar animal".

Fontes do Instituto Armado puntualizaron que por incumprir o estado de alarma a sanción dependerá da Delegación do Goberno e por infracción grave á protección de animais de compañía, delito recolleito na normativa autonómica, pódeselle impor multa de 500 a 5.000 euros.

Indentificado un individuo na Coruña que alugaba aos seus cans por redes sociais pasa sacalos a pasear durante o estado de alarma.. GARDA CIVIL A Coruña
Indentificado un individuo na Coruña que alugaba aos seus cans por redes sociais pasa sacalos a pasear durante o estado de alarma.. GARDA CIVIL A Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta