Detidos por intentar roubar nun bar en pleno estado de alarma

Denuncian a dous homes en Vigo que se saltaron o confinamento para ir comprar droga e consumila na rúa

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/03/2020 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo un home e unha muller por unha tentativa de roubo con forza en establecemento na Coruña, segundo informa a Xefatura Superior de Policía en Galicia.

Os feitos producíronse ao redor das 4,00 horas da madrugada deste luns, 24 de marzo, no estado de alarma declarado polo Goberno para frear o avance do coronavirus.

En concreto, foi unha testemuña quen chamou á sala do 091 indicando que había dúas persoas golpeando a porta dun bar con algún tipo de ferramenta, tentando forzar o seu acceso. A parella, ao decatarse de que unha persoa os viu, fuxiu do lugar.

Personada no lugar unha dotación policial, e grazas á descrición facilitada pola testemuña dos feitos, localizaron nas inmediacións ao home e á muller, e tras realizar as comprobacións oportunas, procedendo á súa detención.

Os policías puideron comprobar que o enreixado do establecemento se atopaba forzado, aínda que os autores non puideran acceder ao seu interior. Os detidos, de 39 e 32 anos de idade, xa foran detidos anteriormente por feitos similares.

Coche Policía Nacional. EUROPA PRESS
Coche Policía Nacional. EUROPA PRESS | Fonte: ARQUIVO

DETIDOS EN VIGO POR IR MERCAR DROGA

Por outra banda, axentes da Policía Local de Vigo tramitaron denuncia contra dous homes por infrinxir o Real Decreto do estado de alarma, ao saír do seu domicilio para ir comprar droga na vía pública.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado luns pola noite, cando un veciño chamou ao 092 para alertar de que dous homes acababan de comprar droga e que a estaban consumindo na rúa, no Casco Vello da cidade.

Unha dotación trasladouse ao lugar e localizou a estas dúas persoas, un home de Vigo de 40 anos de idade, J.A.M., e outro de Ourense, de 45 anos, D.A.P., que recoñeceron aos axentes que abandonaran o seu domicilio (a máis dun quilómetro de alí) para ir comprar a droga.

Ambos foron denunciados por infrinxir o estado de alarma e, ademais, un deles tamén foi denunciado por infrinxir o regulamento de circulación, ao estacionar a súa motocicleta no barrio histórico sen autorización, e por levar un adhesivo na placa de matrícula.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta