Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/04/2020 | Actualizada ás 09:00
Durante estes días de confinamento domiciliario, xorden iniciativas para animar á xente e facer que esté máis entretida. Así, a sala 'The Paradox Room' en Santiago de Compostela acaba de desenvolver un 'Escape Room' ao que se pode xogar desde a casa.
"A iniciativa xurdiu xunto a uns compañeiros de Fuerteventura", sinala Adrián Caeiro, un dos seus creadores. "É unha forma de non deixar morrer o negocio e que a xente saiba que seguimos aí. Ademais, é totalmente gratuíto", explica o dono do establecemento localizado na Área Central compostelana.
En canto a sinopse, está ligada en certa maneira coa crise sanitaria que estamos a vivir. Baséase nun hipotético final do mundo no 2043, onde o material máis demandado é o papel hixiénico, que se usa como moeda. "A xente ten que facerse pasar polos herdeiros dun príncipe africano que deixou moreas de papel de váter, a cal teñen que recuperar", explica Caeiro.
O xogo leva entre 3 e 4 horas completalo. "Así podemos escapar un pouco de ver tantas noticias na televisión. Ademais, tamén hai que intentar buscarlle o humor ás cousa", opina. En canto ao sector do 'Escape Room', asegura que "esperemos que esta crise pase cando antes. Existe o perigo de que pechen moitas salas".
Se queres probar o xogo, podes facelo a través deste enlace.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- V Xornada Guerrilleira para lembrar o combate de Repil, na Pobra do Brollón
- Paula García, asesora de lactancia: "Todo é lactancia materna, é igual que saia dunha teta ou biberón"
- Pode un 600 circular pola autovía? un accidente na autovía do Salnés que deu moito que falar...
- Os detidos da 'Operación Vodka' fornecían motores de narcolanchas a grupos do Estreito
- Adxudicado o novo contrato do SAF en Santiago, "con máis horas de servizo e compromiso cos dereitos laborais"
- Compostela celebrará o 25 de abril cunha homenaxe ao cantautor luso José Afonso