Así é o "esconxuro do coronavirus" para facer unha boa queimada

Para facer con viño, licor ou xarabe para a tos!

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Os esconxuros son invocacións feitas para afastar os demos ou os malos espíritos dun lugar. Pois ben, agora o coronavirus tamén ten o seu propio ritual. Aquí vai o pronunciamento que uns cantos argallaron nestes días de confinamento, para facer con viño, licor ou xarabe para a tos!

Queimada
Queimada

Mocos, gargallos, salivazos e pústulas

virus, estafilococos, xermes e bacterias 

o demo vos confunda 

e vos mande á merda.

Podres coroas infectadas 

que deixan as persoas ailladas

marchade en procesión 

que aquí non pintades nada. 

Coronavirus do carallo

alónxate da miña veira.

Eu coido de min e de quen me arrodea

e non faltará vida a quen eu queira. 

Mans, boca, fuciños  e pulmóns

limpádevos desta infección. 

Mascarillas, guantes, xeles e xabróns

mantede lonxe a este virus cabrón

Vontade de enfermeira e diagnóstico de doutora,

dobles turnos de coidadoras. 

Profesionais sacrificadas,

estudiantes de medicina e xente solidaria

Velliñas e velliños, tesouros da memoria

a vós fago esta chamada.

Vós que pasastes a fame, que loitastes noutrora

ensinádenos como fixestes  pra facer nós agora.

E con este grolo de viño 

e con esta festa rachada,

quen se coide que siga vivo 

e quen desobedeza... quede na cama.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta