A Xunta anuncia unha plataforma online para impartir clase medio mes despois do peche dos colexios

Anuncia a suspensión dos contratos que non poden realizarse polo coronavirus pero non os cancelará.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2020 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O Goberno galego comprou 1.000 computadores que destinará a aqueles alumnos de familias "con menos recursos" para que poidan seguir as clases de forma 'en liña'. Un anuncio que chega cando hai unha polémica no sector da educación polos graves fallos que a plataforma online da Xunta está tendo.

Computador portátil en biblioteca, estudar, estudante, centro escolar, libros. XUNTA - Arquivo
Computador portátil en biblioteca, estudar, estudante, centro escolar, libros. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Por iso, e medio mes despois da suspensión das clases, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou tamén que se habilitará para os docentes unha plataforma de videoconferencias coas que poderán interactuar cos estudantes e "impartir as clases en tempo real".

Así mesmo, os contidos da ferramenta 'EDixgal' estarán "abertos para toda a comunidade educativa", o que implica uns 95.000 alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de Secundaria. Antes, explicou Feijóo, só estaban dispoñibles para alumnos que tiñan "computadores financiados con fondos públicos".

EDUCACIÓN

Ademais, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional remitiu instrucións ás direccións dos centros educativos para pechar a avaliación do segundo trimestre do curso, que se realizará a partir dos contidos impartidos con anterioridade ao establecemento do estado de alarma polo coronavirus.

Estas ordes van na liña marcada o pasado mércores polas comunidades autónomas e o Ministerio na reunión por videoconferencia da Sectorial de Educación. Un dos acordos alcanzados no encontro referíase a a avaliación do segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais.

SUSPENSIÓN DE CONTRATOS

Por outra banda, a Xunta de Galicia acordou suspender os contratos de servizos e subministración que non poidan levar a cabo polas restricións derivadas da crise do coronavirus pero esta decisión non implicará a súa cancelación

Así, explicou que desta suspensión quedarán excluídas as contratacións que non estean afectadas pola situación e aquelas que son "indispensables" para o "interese xeral" e o funcionamento dos servizos, nas que a Xunta esixirá "celeridade".

O presidente da Xunta explicou que a suspensión non suporá a resolución do contrato. "Tentaremos proseguir coa vida útil dese contrato, simplemente suspéndese a súa execución, suspéndese as obrigacións de entrega e os prazos de fabricación ou de prestación do servizo", manifestou o presidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta