(Videos) Controis nas cidades para cazar aos imprundentes que van de fin de semana

Montáronse distintos operativos nos que participan axentes da Policía Local e das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 27/03/2020 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local e das forzas e corpos de seguridade do Estado están a efectuar controis nas cidades galegas para evitar desprazamentos "inxustificados" durante o fin de semana. Sobre os mesmos, desde a Delegación do Goberno en Galicia sinalaron que se farán tamén en "grandes poboacións" desde este venres "e ata o luns". "Máis controis e máis estritos que o fin de semana pasado", apuntaron.

No caso da Coruña, segundo informa o Consistorio, a Policía Local levou a cabo este mediodía, seguindo as instrucións da autoridade competente, controis especiais nas saídas e entradasde a cidade. Todos os corpos e forzas de seguridade da cidade participaron neste dispositivo que se realizou nas principais vías de acceso e saída do municipio "para impedir o éxodo dos veciños e veciñas sen causa xustificada e, por tanto, incumprir as normasdecretadas polo estado de alarma".

Os axentes da Policía Local utilizaron, no seu caso, pantallasde protección confeccionadas polo propio corpo de seguridade municipal seguindo as instrucións dunha empresa que lle doou ao Concello da Coruña o material certificado necesario para a montaxe destas pantallas. Nestes momentos, tamén están a utilizar estes equipos de protección o corpo de Bombeiros, Protección Civil, Policía Nacional, 061 e a Garda Civil do centro penal de Teixeiro.

MÁIS CONTROIS

Control policial na Coruña. CONCELLO DA CORUÑA
Control policial na Coruña. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press


Similares controis, realizáronse noutras cidades como en Vigo, segundo informou o alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que lembrou que esta vixilancia xa levou a cabo o pasado fin de semana. Na súa comparecencia, incidiu tamén na necesidade de que as persoas respecten o confinamento "porque ninguén está libre de contaxiar ou ser contaxiado".

Tamén Policía Nacional, en colaboración coa Local e Autonómica, procedeu a establecer este venres controis en varios puntos da cidade de Ourense co fin de evitar que se realicen "saídas improcedentes". Segundo informou a Policía Nacional, esta primeira vez realizáronse en cinco puntos, mentres que o resto da fin de semana estableceranse tres. Todos eles "a distintas horas" e en diferentes lugares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta