(Vídeo) Chegan os primeiros maiores contaxiados ao centro de Santiago: de noite e en silencio

Seguindo as instruccións da Xunta, a residencia Virxe do Camiño en Santiago de Compostela, recibe os primeiros afectados por coronavirus. Foron trasladados na noite do venres en ambulancias. Persoal sanitario criticou que o centro non está aínda preparado

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/03/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Estes dous vídeos mostran a chegada de usuarios e usuarias ao centro Porta do Camiño de Santiago de Compostela, onde a Xunta de Galicia quere concentrar aquelas persoas maiores afectadas por coronavirus.

Traslado dunha usuaria do centro Virxe do Camiño  para deixar sitio aos usuarios con coronavirus
Traslado dunha usuaria do centro Virxe do Camiño para deixar sitio aos usuarios con coronavirus | Fonte: GC

As primeiras trasladadas chegaron o pasdo venres 27 de marzo a partir das 23:00, non sen antes algunhas dificultades como ter que retirar vehículos que impedían a entrada das ambulancias.

O edificio está arrodeado por un único grupo de vivendas que distan uns metros. Outros edificios son unha residencia e instalacións para relixiosos e, a  poucos metros, o Centro Galego de Arte Contemporánea de Galica, CGAC.

A chegada destes primeiros maiores coincide coas críticas realizadas por persoal sanitario que denuncia que o centro non está aínda preparado para acoller nin aos internos, nin ao persoal que os vai a atender.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta