Temas: 112 NARóN

Derrube dunha planta nunha nave de Narón por sobrecarga de material

Non houbo feridos neste suceso segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2020 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia



Unha sobrecarga de material provocou o derrube dunha planta no interior dunha nave industrial situada en Narón sen que ningunha persoa resultase ferida.

Diso informa o CIAE 112 Galicia, que sinala que os feitos se rexistraron ao redor das 06,20 horas deste sábado na rúa Afiadores do Polígono do Río do Pozo.

Segundo os datos facilitados pola central de emerxencias, o exceso de peso polo material acumulado nunha das plantas fixo que se derrubase e que caese sobre o piso de abaixo.

Ata o lugar do incidente desprazáronse os bombeiros de Narón, que puxeron o caso en coñecemento da Policía Nacional, a Policía Local e de Urxencias Sanitarias 061.

O perímetro da nave quedou balizada para restrinxir o acceso á área do accidente mentres traballan no interior da nave os servizos de emerxencia.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Temas: 112 NARóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta