Nova polémica: material que é dos concellos é requisado pola Xunta para devolverllo logo aos concellos

“É surrealista”, denuncia un alcalde de Pontevedra que acusa á Xunta de "arrepañar con todo" o que hai nos centros que é de titularidade municipal, para logo devolverllo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/03/2020 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

Nos últimos días, persoal dependente da Consellería de Educación está percorrendo os centros educativos en busca de material susceptible de ser usado con fins sanitarios, principalmente, luvas e máscaras, se as hai, aínda que tamén requisando produtos desinfectantes, sobre todo, lixivia. A orde partiu directamente do Centro de Coordinación, que dirixe o presidente da Xunta e ten como obxectivo repartir ese material entre os concellos.

Luvas e máscaras sanitarias
Luvas e máscaras sanitarias

O problema é que non se cursou unha orde formal ás direccións dos centros que son testemuñas de como chega persoal para “arrepañar todo o que hai”, sen que teñan información previa. “Cando soubemos do asunto quedamos estupefactos. A Xunta non solo nos deu unha merda de material se non que pretende levarnos o que nós temos”, denuncian fontes consultados.

Nalgúns casos, ese material “requisado” pola Xunta é de titularidade municipal como traslada persoal docente e concellos contactados por GC. “Ese material é municipal debido a que a limpeza dos centros educativos a asumimos polos concellos e os mercamos con diñeiro municipal e ademais, dende os concellos, estamos organizándonos tendo en conta o material que temos en stock nas distintas dependencias”, indican as fontes consultadas.

“ESE MATERIAL É PARA OS CONCELLOS”

A propia consellería confirma, en declaracións a GC que, seguindo os protocolos establecidos na loita fronte ao Covid-19, deuse instrucións para a redistribución do material existente nos centros educativos susceptible de ser utilizado nesta crise sanitaria.  “O material está sendo destinado aos concellos para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios.

Con todo, os concellos quéixanse de que estánlle dando o material que previamente lle están requisando. “É surrealista”, denuncia un alcalde de Pontevedra consultado por GC. “Ese material foi adquirido polo concello ou por empresas de limpeza contratadas por nós”, denuncia.

“Cómpre recordar que os centros están sen actividade docente presencial, polo que é preciso destinar todos os recursos alí onde sexan máis necesarios e ningunha outra administración atendeu á chamada de auxilio que fixo a Federación Galega de Municipios e Provincia”, explican desde a consellería. “Iso non é verdade porque desde as deputacións e mesmo desde a subdelegación do goberno se teñen ofrecido para axudar”, di o alcalde consultado.

DOAZÓNS DOUTRAS INSTITUCIÓNS

Precisamente, a Subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra entregou este venres á Xunta un total de 21.521 unidades de diverso material sanitario para o acceso ás medidas de protección necesarias debido á pandemia do Covid-19.

O INSS e a TGSS en Vigo puxeron a disposición, respectivamente, 410 unidades e 352 entre máscaras, luvas e lentes de protección. Pola súa banda, o Instituto Social da Mariña habilitou dous envíos uno con 2.364 unidades e outro con 2.164. Por último, o ISM en Bamio, proporcionou máis de 16.231 unidades de material entre desinfectante, batas, luvas de diferentes tallas, máscaras e resucitadores manuais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Hai cousas curiosas: en Vigo o alcalde entrega 7.900 pares de luvas á Residencia DomusVi (5.000 pares "doados-requisados" polo Instituto Oceanográfico) ... Os beneficios antes de impostos do ano 2018 do Grupo DomusVi España foron 22.334.815 € (seica esqueceron mercar luvas e lixivia) ? https://www.domusvi.es/domusvi-en-c...

1 anonimo 2

Gamela faz uma pergunta muito interessante, mas a resposta semelha clara, em tempos de crises há que assegurar os benefícios das empresas privadas (pois uma vez abandonada a política há que ter algum posto para seguir cobrando sem trabalhar). E quem sabe, esta residência pode até revendê-los e sacar mais benefícios, porque não nos enganemos, a sanidade privada busca benefícios...

1 Gamela

En palabras de Emilio Lledó: "un -imbécil- con poder es algo terrible" ! Dende o primeiro día da confinación forzosa sempre tiven claro que estabamos montando un Estado Policial no que os "criterios" dun policía municipal eran incuestionables ainda que fosen unha estupidez ! Logo tragamos coa política de lazaretos do Sergas e ninguén dixo que o Hostal dos Reis Católicos era o mellor lugar do mundo para morrer... Mover vellos, mover luvas, mover litros de lixivia, mover todo dun lugar a outro sen facer nada... Mentras á poboación repetímoslle machaconamente que NON se mova !!! (o peor é que milleiros de persoas cren que así imos ter resultados diferentes)