Un operativo antidroga na ría de Arousa incautou dúas toneladas e media de cocaína

O dispositivo despregouse por terra e por mar ao longo de toda a madrugada do venres ao sábado co resultado de dúas persoas detidas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2020 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Dúas persoas foron detidas no marco dunha operación antidroga desenvolvida na madrugada deste sábado na ría de Arousa na que foron intervidas 2,5 toneladas de cocaína que viaxaban en dúas planadoras para o seu desembarco en terra.

Coche Policía Nacional. EUROPA PRESS
Coche Policía Nacional. EUROPA PRESS | Fonte: ARQUIVO


Así o confirman fontes policiais consultadas por Europa Press, que apuntan que continúa aberta a operación desenvolvida conxuntamente pola Garda Civil, a Policía Nacional e Aduanas.

O dispositivo despregouse por terra e por mar ao longo de toda a madrugada do venres ao sábado co resultado de varias persoas detidas nunha operación sobre a que permanece decretado o segredo de sumario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta