A Xunta estuda instalar hospitais de campaña en Santiago e A Coruña

Polo momento, descarta utilizar instalacións sanitarias en desuso. Recoñece que os contaxios en residencias de anciáns "non van diminuír".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2020 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este domingo que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) estuda a posibilidade de instalar "hospitais extramuros", coñecidos como "hospitais de campaña", nas cidades de Santiago e A Coruña para facer fronte á expansión do coronavirus.

Na rolda de prensa posterior á reunión por videoconferencia co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de líderes autonómicos, Feijóo admitiu que ao longo do sábado a Administración galega mantivo "distintos contactos" cos xerentes das áreas sanitarias "ante a eventualidade de incrementar o aforamento dos hospitais" e se ten que ser "fóra" deles.

Así, o líder do Goberno autonómico explicou que este luns "probablemente" haberá unha decisión tomada e que o martes poderá ser comunicada.

O titular do Goberno galego na rolda de prensa Consello da Xunta. XUNTA
O titular do Goberno galego na rolda de prensa Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

RESIDENCIAS

Por outra banda, está "convencido" de que "a pesar do traballo das autoridades sanitarias", a situación nas residencias de maiores "non vai ser fácil nin vai diminuír" o número de contagios, senón que "crecerán".

Para o Goberno galego estes centros "son o foco de maior preocupación" nesta crise sanitaria e así o manifestou Feijóo este domingo na rolda de prensa posterior á videoconferencia que mantivo co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o resto de titulares autonómicos.

Ante os medios, Feijóo fixo especial fincapé nesa porcentaxe de poboación galega que é de risco nesta pandemia que e vive en residencias para a terceira idade. Explicou que son 22.000 as persoas maiores que residen nestes centros e que "hai que seguir coidandoos e garantirlles o illamento" necesario para evitar contaxios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta