Positivo por COVID-19 dunha parella da Pobra de Trives

O goberno local da Pobra de Trives afirma que esta parella garda corentena no seu fogar desde o pasado 12 de marzo, cando foron atendidos na PAC de Trives, ao que acudiron tras presentar síntomas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2020 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

Unha parella residente no municipio da Pobra de Trives deu positivo por coronavirus, segundo informa o propio consistorio nun comunicado conxunto cos concellos lindeiros de Manzaneda e San Xoán de Río.

Así, afirman que esta parella garda corentena no seu fogar desde o pasado 12 de marzo, cando foron atendidos na PAC de Trives, ao que acudiron tras presentar síntomas.

Segundo os concellos, nese momento activouse o protocolo do Sergas e solicitouse unha proba ante as sospeitas de que puidese tratarse de COVID-19.

No entanto, continúan, a petición non foi atendida ata hai dous días. O resultado arroxa un positivo por coronavirus para a parella, que están recluídos no seu domicilio desde a visita á PAC.

Os concellos da montaña ourensá chaman á poboación dos seus municipios a extremar as precaucións para evitar contagios.

Unha das principais prazas de Trives
Unha das principais prazas de Trives

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta