Nove persoas feridas en sete accidentes de tráfico na fin de semana a pesar da corentena

Nun caso mesmo se tivo que mobilizar un helicóptero.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2020 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a nove persoas debido a sete accidentes de tráfico rexistrados en estradas galegas no marco da limitación de movementos previstos no estado de alarma decretado pola crise sanitaria do coronavirus.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas deste venres 27 e as 23,59 horas do domingo 29 un total de 11 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O sábado e o domingo foron as xornadas con máis incidentes, con tres sinistros en cada caso.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 11. En concreto, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión; as ambulancias en sete casos e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en tres accidentes.

En oito casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e nunha ocasión a persoa lesionada recibiu atención no lugar do accidente. A proporción de homes atendida situouse no 44 por cento e a de mulleres reduciuse ao 56%. En canto ás idades dos feridos, o 33% dos asistidos tiña entre os 40 e 44 anos.

Por provincias, A Coruña, con catro sinistros, foi a provincia con máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con dous; e Lugo, cunha; mentres que na de Ourense non houbo ningún.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta