Peor día de mortes en Galicia: xa van 17

En total o balance global é de 84 falecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2020 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

A morte nas últimas horas de dous homes de 92 e 85 anos de idade que estaban ingresados no Hospital Universitario de Ourense converte este luns na xornada con máis vítimas mortais en Galicia en relación á pandemia de coronavirus, ao falecer 17 persoas en total, o que eleva o balance global a 84 falecidos.

Desta forma, os falecidos na área sanitaria da Coruña son 32, na de Ferrol 8, en Santiago 11, en Lugo 7, en Ourense 12, en Pontevedra 7 e en Vigo 9. As 17 vítimas mortais rexistradas este luns estaban infectadas por coronavirus, pero tamén presentaban patoloxías previas. Ademais das dúas últimas vítimas, segundo fontes sanitarias este luns faleceron tamén dúas mulleres de 84 e 94 anos e un home de 91 ingresados no Hospital Povisa de Vigo.

Así mesmo, tamén morreron un home de 87 anos atendido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e outro de 88 anos no Hospital do Barco de Valdeorras (Ourense), así como unha muller de 89 anos asistida no Hospital Montecelo de Pontevedra.

Este luns tamén faleceron unha muller de 86 anos e dous homes de 89 e 76, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Outros seis persoas faleceron nas últimas horas nas áreas sanitarias da Coruña e Santiago que estaban infectados con coronavirus.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Fiz um script muito simples em Python para pôr as cousas na perspectiva internacional que falta nos media espanhóis: https://sentidinho.eu/sentidinho/ga...

1 Gamela

En 16 días 216.000 DENUNCIAS e 1850 DETENCIÓNS !!! Se non nos mata o virus o fará o Goberno !