Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 16:01
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este martes que dos 22.000 usuarios de Galicia nas residencias da terceira idade só hai 333 usuarios diagnosticados co COVID-19. "A situación é menos mala que en boa parte de España pero hai que seguir actuando e evitar que se produzan contaxios xa que as persoas que viven nelas teñen patoloxías previas e son máis vulnerables", dixo.
Nunha rolda de prensa virtual, Feijóo cifrou en 383 os ususuarios diagnosticados con coronavirus nas residencias de maiores da Comunidade, á vez que anunciou a intención do seu Executivo de "priorizar" as probas neste tipo de centros e nos de discapacidade. O obxectivo é "chegar a todos", aínda que se empezará por aquelas residencias nas que xa se detectaron contagios.
"Onte no comité clínico tomamos a decisión de priorizar o test de diagnóstico nas residencias da terceira idade de Galicia. Estamos a intensificar o número de test en residencias tanto en usuarios como en profesionais. Chegar a todos os centros é o obxectivo e o único límite é o número de test que podamos conseguir", sentenciou Feijóo, nunha comparecencia 'en liña' ante a prensa.
"Chegaremos a todos os centros, empezando por aqueles nos que detectamos casos. E farémolo facendo 800 test diarios", esgrimiu o presidente galego, antes de remarcar que, aínda que a actuación será distinta con aquelas persoas asintomáticas que con quen sufran o ataque do virus de forma máis intensa, o diagnóstico permitirá determinar o illamento e evitar máis contagios.
ESIDENCIAS INTEGRADAS
Neste sentido, lembrou a posta en marcha das residencias integradas en Baños de Molgas (Ourense) e Santiago, e aludiu tamén á intervención na pasada xornada de dúas residencias privadas, en Vigo e en Cangas, "transformándoas" en residencias integradas baixo a supervisión directa das autoridades sanitarias.
Esta intervención, lembrou, supón o nomeamento dunha dirección que coordine a actividade asistencial, garantir a aplicación dos protocolos e levar a cabo a supervisión médica de todos os residentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.