PSdeG e BNG defenden a Feijóo tras ceder material sanitario a Madrid

Tampouco descartan que se atendan en hospitais galegos a pacientes doutras autonomías e apelan á “solidariedade”. Con todo, critican que a Xunta e o PP caian en estratexias políticas para desgastar e criticar ao Goberno de Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/04/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Os líderes do PSdeG e do BNG, Gonzalo Caballero, e Ana Belén Pontón, saíron este mércores en defensa da decisión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de doar e ceder material sanitario a Madrid, principalmente respiradores, a pesar de recoñecer que está buscando ese mesmo material sanitario no mercado chinés para afrontar o pico que se agarda a comezos deste mes.

Ana Pontón e Gonzalo Caballero
Ana Pontón e Gonzalo Caballero | Fonte: ED

Neste momento hai que ser responsables. A sanidade é un dereito de todos os cidadáns, máis alá dos que teñen sanidade pública e privada e non pode haber diferenciación entre autonomías e hai que afrontar de xeito conxunto esta crise”, apuntou Gonzalo Caballero nunha rolda de prensa telemática. Na mesma liña, Ana Pontón destacou que se trata “dunha cuestión de solidariedade que sempre ten que funcionar”. “Nós non imos criticar que iso se faga”, engadiu.

Deste xeito, os dous líderes políticos recoñeceron que “hai unha situación límite” e algunhas autonomías están “desbordadas”, sen camas UCI, respiradores, máscaras ou material de protección. “Eu entendo que temos que axudalos porque todos temos que ter dereito a estar nunha cama cun respiradores e é normal que as autonomías pidan respiradores e todos temos que ser o máximo solidarios posibles”, dixo Caballero.

TRASLADO DE PACIENTES A GALICIA

Por iso, tamén apoiaron que se poidan trasladar pacientes a Galicia, se é o caso, aínda que recoñeceron que o país entra agora na súa peor fase e precisará de todos os seus recursos sanitarios posibles. “En Galicia estou preocupado pola evolución do virus, aínda que non sexa como en Madrid. Preocúpame como cidadán, xa non só como político”, dixo Caballero. “É importante que todas as camas de UCI estean ao servizo do público, tamén os privados e que cheguen canto antes os respiradores dos que falou Feijóo”, engadiu.

“Non temos constancia de que se traian pacientes a Galicia. Eses traslados se darían de común acordo e se aquí se prevé que hai que dotar de máis camas aos hospitais para atender o pico non parece que aquí se trasladen pacientes”, apuntou Ana Pontón.

ESTRATEXIA PARTIDISTA

Con todo, tanto o líder do PSdeG como a do BNG tamén advertiron que isto non significa que se utilice esta crise para facer estratexia partidista. “Non vou caer na demagoxia, nin na loita partidista porque hai que preservar a sanidade e a saúde dos cidadáns”, dixo. Por iso criticou as “estratexias de acoso e derrubo e do pin, pan, pun dalgúns sectores”, nomeadamente de Vox e do Partido Popular, para atacar ao Goberno de España. “Non están á altura política”, dixo. Pola súa banda, Pontón criticou a Feijóo por dicir que faltaban respiradores e dous días despois mandalos a Madrid. “E ten que aclarar se era verdade ou facía desgaste partidista”, suliñou.

PICO DE ABRIL

Sobre o pico do virus en Galicia previsto para esta primeira quincena de abril, os dous dirixentes recoñeceron que “ven o peor”. “A curva en Galicia está atrasada como o doutras autonomías e nese sentido os decretos de confinamento foron axeitados”, dixo Caballero.

A sanidade galega ten que estar preparada para o pico que vai vir e mobilizar todos os dispositivos que ten a sanidade galega; abrir os hospitais pechados e tamén mobilizar á sanidade privada. O último recurso sería a apertura de hospitais de campaña”, engadiu Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 José

Pero entón, aquilo de "blindar Galiza" qué era? un blindis ao sol?

1 Frecha

Era puro electoralismo. Ao final o can non morde da man que lle dá de comer e o BNG ten moita dependencia económica con Madrid.

2 Xosé Varela

Levo mais de 30 anos vivindo en Madrid defendendo meu Pais (Galiza) e vendo a realidade de aquí e a panfletada aflautada de algún burricán de aí non deixo de sorprenderme. Cando deixei a Terra os habitantes eran bós e xenerosos....(Logo si eso xa falamos de por qué non hai nin aquí nin alá sanidade pública ou por qué das residencias privadas, ou do que queirades…) Non confundas nacionalismo galego con pailanismo ou provincialismo, este sí, fillo prediclecto do Españolismo. Saúde e Anarquía

3 Billa

A parte enfermiña do nacionalismo galego chama isto de subordinación a Madrid. Eses son os verdadeiros enfermos de nacionalismo que non teñen ningunha diferencia co nacionalismo ranzo de partidos como vox. Chovinismo.

1 Tirsopaio

Non é necesario ser moi nacionalista para entender que deixar aos galegos sen material sanitario para darllo a Madrid é pura e dura subordinación. A saber cantos cartos e favores deben os cipaios do BNG para ter que aplaudir esta aldraxe.

2 Gaiker

Cada vez resulta máis difícil diferenciar entre o PSOE e o BNG, ambos igual de lacaios de Madrid.

1 Ricardo R.

La primera vez que leo unas declaraciones sensatas de Ana Pontón.

1 Bernal Calvo Delaciga

Supoño que será irónico. Primeiro Feijóo di que non hai material, despois dalle ese material que "non había" a Madrid, logo Ourense queda sen material básico por terllo dado a Madrid e agora PSOE/BNG aplauden coas orellas a Feijóo. Está claro que ao BNG, de tanto compartir grupo con Errejón, se lle pegou o nacionalismo madrileño. Vergoña.

2 Madialeva

Pois tiveche sorte para ser a primeira vez que llas les. Continua así