A oposición di que "algo fallou" nas residencias e piden a intervención dos centros privados

Gonzalo Caballero pide un plan urxente de atención sanitaria e Ana Pontón "medidas máis contundentes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2020 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, e do BNG, Ana Pontón, coincidiron este mércores na súa crítica ao Executivo galego e a xestión que Feijóo está facendo da crise sanitaria, sobre todo, nas residencias de maiores. Así, Caballero advertiu este mércores que o "contaxio masivo" nas residencias de maiores galegas acreditan que "algo fallou" nestes centros e Pontón que se interveñan xa todas as residencias privadas.

Nunha rolda de prensa 'en liña', Caballero tamén admitiu que os socialistas están "preocupados" polas residencias de maiores e puxo o acento en que, cuns 400 contaXios de usuarios, as previsións da Xunta de impulsar dous centros integrados xa se viron "amplamente pasadas de forma clara".

Nesta conxuntura, tras subliñar que o estado de alarma non quita as competencias nin os orzamentos á Xunta, e que esta ten as responsabilidades tanto en sanidade como en servizos sociais, instoulle a impulsar un plan urxente de atención sanitaria e en servizos sociais, que permita incrementar todos os recursos, medios e material incluídos.

"Algo fallou nas residencias cando o nivel de contaxio é masivo", sentenciou o dirixente socialista, convencido de que os protocolos activados "tiñan que prever e imposibilitar" esa situación. Aínda que cre que "xa haberá tempo" para determinar que ocorreu, tendo en conta que agora toca actuar "con lealdade" e remar conxuntamente, insistiu en que a Xunta debe "intervir" as residencias que sexa necesario e dotalas de recursos.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia. PSDEG | Fonte: Europa Press

PLAN DE CHOQUE

Tamén a líder nacionalista, Ana Pontón, pide saber cantas persoas foron trasladadas, como se garante que non se produzan contaxios, con que persoal sanitario contan os centros de maiores, como se vai a garantir a boa atención con tantos contagios e como se vai a garantir o acceso a información dos familiares das persoas que están ingresadas en residencias. "Son moitas as cuestións que están abertas e merecen unha resposta", aseverou.

Os nacionalistas volven insistir na necesidade de levar a cabo "medidas contundentes" e un plan de choque, así como "maior celeridade e eficacia" nas residencias de maiores. Nese sentido, considerou "necesario" seguir enviando material de protección de todo o persoal que traballa nas residencias e asistencia no fogar.

Seguindo coas medidas, Pontón reclamou "intervir" todas as residencias privadas, "antes de que se produza unha situación de emerxencia", como se viu, dixo en Cangas e en Vigo. "Non vale dar respostas tardías, senón que hai que anticiparse", aseverou Pontón: "pedimos anticipación antes de que apareza outra crise nos centros de discapacidade tamén".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta