Estas son as noticias falsas que circulan nas redes sobre o coronavirus

Webs como Maldita.es están sacando á luz os fake que están circulando nas redes: complementos alimenticios que curan o COVID-19, que o virus saíu dos EE.UU., a UE pediulle a España que reduza 400.000 cargos públicos...

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/04/2020 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Esta é a selección dalgunhas das fake news máis repetidas nos últimos días, moitas delas publicadas en Maldita.es.

Fake News
Fake News | Fonte: Tecreview.com
  • NINGÚN COMPLEMENTO ALIMENTICIO CURA O COVID-19

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) xa advertiu no pasado mes de marzo sobre a venda de supostos complementos alimenticios que "axudan" a evitar o coronavirus.

A través deste comunicado, a AESAN lémbralles aos consumidores que os complementos alimenticios "son alimentos que teñen coma fin complementar a dieta normal" e aos que non se lles pode atribuir propiedades coma a prevención, o tratamento ou a cura de enfermidades.

  • NON HAI PROBAS DE QUE O COVID-19 SAIRA DUN LABORATORIO ESTADOUNIDENSE

Difundiuse a través do blogue 'Kit Radio Internacional' que o COVID-19 creouse para "frear o desenvolvemento do 5G". Pero, non é máis que outra teoría da conspiración creada polos usuarios das redes.

De feito, profesionais da sanidade, sacaron un comunicado na revista 'The Lancet', no que fan referencia ás investigacións que demostran a orixe natural do virus.

  • NON SE ESTÁ ENTREGANDO UNHA TARXETA ALIMENTARIA PARA AS PERSOAS CON RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIA

A través de Whatsapp difundiuse unha información referente a que se lle outorgaba ás persoas máis desfavorecidas unha tarxeta alimentaria cun beneficio de 500 euros (aproximadamente). Sen embargo, trátase dun caso de 'phishing', unha técnica usada para acceder aos datos dos usuarios.

Neste caso, a web non pertence a ningún organismo oficial. É importante non caer nestas cousas para non "picar" neste tipo de informacións

  • A UE NON PEDIU AO GOBERNO ESPAÑOL QUE REDUZCA 400.000 CARGOS PÚBLICOS

Por medio dun difundido de Whatsapp, afirman que Bruselas lle pediu a España reducir en máis de 400.000 os empregos públicos do Estado.  A propia Comisión Europa de España desmentiu esta 'fake new' e que "nunca solicitaron disminuir o número de cargos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

É lástima que a reducción dos cargos públicos (que non empregos públicos) non fose unha realidade, ás veces dá a impresión que tanto CARGO o único que fai é converter a Administración nun elefante pero para tomar decisións INTELIXENTES precisaríamos algo máis que POSTUREO !!!