Autónomos Unidos de Galicia convoca unha 'cazolada' este venres para pedir "medidas xustas" pola crise do coronavirus

A protesta está convocada para as 18.00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2020 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A denominada plataforma de Autónomos Unidos de Galicia (AUG) convocou para este venres unha 'cazolada' para reclamar "medidas xustas" para este colectivo, coas que paliar as consecuencias da crise sanitaria do coronavirus.

Traballador autónomo.
Traballador autónomo.

Este colectivo, que di representar máis de 300 profesionais galegos, chamou a participar na protesta, que terá lugar ás 18,00 horas.

O seu portavoz, Javier Varquero, afirmou que o Goberno "non pode deixar caer" os seus negocios e os "millóns de empregos" que xeran os autónomos, polo que reclaman a "suspensión inmediata do pago de impostos, subministracións, alugueres, préstamos e hipotecas".

"Somos máis de 3.200.000 autónomos e o Goberno aproba unhas medidas coma se non existísemos, coma se as empresas fosen seres vivos independentes e sen dereitos", engadiu o portavoz de AUG, que tamén pediu que os autonómonos non teñan que pagar a súa cota "mentres dure a crise sanitaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta