"Non hai material e fármacos básicos nas residencias de Santiago tuteladas pola Xunta"

CC.OO. denuncia que un "insuficiente número de profesionais atende sen material sanitario nin equipos de protección individual".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Federación de Sanidade de CCOO denunciou "carencias" de material sanitario, de equipos de protección individual e fármacos básicos nas residencias de maiores de Santiago de Compostela tuteladas pola Xunta.

Nun comunicado no que tamén advirte da falta de persoal, o sindicado pide a revisión do protocolo de derivación e ingreso de residentes na unidade de hospitalización Porta do Camiño ao asegurar que das 80 camas dispoñibles na unidade asistencial, a día de hoxe, só 11 están ocupadas.

"Mentres isto ocorre un insuficiente número de profesionais atende sen material sanitario nin equipos de protección individual suficientes a residentes positivos e asintomáticos que continúan nas instalacións", censura.

Por iso, o sindicato reclama que, en lugar do grao de dependencia --modificable cando un residente está enfermo xa que pasa de ser autónomo a dependente-- o criterio de derivación debería ser médico asistencial e epidemiolóxico. Ademais, o sindicato pide que todas as residencias de maiores que sexan intervidas pola Xunta teñan un profesional de enfermaría da sanidade pública que se encargue de coordinar os recursos materiais e humanos.

Un técnico protexido cun traxe, luvas e máscara
Un técnico protexido cun traxe, luvas e máscara | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta