Os concellos e deputacións galegas xa poden celebrar sesións e adoptar acordos por medios telemáticos

A medida foi aprobada polo Consello de Ministros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2020 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Todos os concellos e deputacións de Galicia xa poden celebrar sesións plenarias e adoptar acordos a través de medios telemáticos desde esta semana.

Esta medida foi aprobada polo Consello de Ministros, segundo lembrou este domingo o delegado do Goberno na Comunidade, Javier Losada, nun comunicado.

Desta maneira modifícase a Lei 7/1985, reguladora das Bases de Réxime Local, para facilitar o funcionamento ordinario e democrático destas entidades no momento actual de pandemia.

Na mesma, tamén se describen os medios electrónicos considerados válidos para realizar estes encontros: audioconferencias, videoconferencias e sistemas tecnolóxicos ou audiovisuais.

En todo caso, deben garantir adecuadamente a seguridade tecnolóxica, a efectiva participación dos seus membros, a validez do debate e a votación dos acordos que se adopten. Desta maneira, mantense a seguridade democrática dos municipios.

Pleno do Concello da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - ARQUIVO
Pleno do Concello da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que... seguridade democrática existe en facer clic dende a casa? Algunha vaille deixar o control do botón á súa asistenta mentras ela baixa á praia darse un baño !!! Pero non renunciará a seguir cobrando 5.000 euros ao mes... eso nin se discute !!!