Sánchez pide aos presidentes autonómicos unha lista de infraestruturas para aloxar enfermos asintomáticos

O presidente do Goberno mantén na mañá deste domingo unha reunión telemática cos líderes das comunidades autónomas.

Por E.P. | MADRID | 05/04/2020 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu este domingo aos presidentes das comunidades autónomas que faciliten unha lista de infraestruturas para poder aloxar a contaxiados asintomáticos polo coronavirus, segundo informaron a Europa Press fontes autonómicas. Esta medida busca evitar que as persoas asintomáticas poidan propagar o virus a outros cidadáns.

Sánchez leva reunido desde as dez e media da mañá por vídeoconferencia cos presidentes rexionais no que é o seu cuarto encontro desde que se decretou o Estado de alarma o pasado 14 de marzo pola pandemia de coronavirus.

O presidente pediulles que esta listaxe estea concluída antes do próximo 10 de abril, xusto cando finaliza a Semana Santa e os traballadores de sectores non esenciais volverán incorporarse aos seus postos de traballo, segundo anunciou onte o propio Sánchez.

Durante estes encontros, a maior parte dos presidentes trasladáronlle o seu malestar pola falta de material. No último encontro, o domingo pasado, varios presidentes expuxeron as súas críticas por aprobar un decreto para paralizar as actividades non esenciais sen contar con eles.

( HABERÁ AMPLIACIÓN )

Adrián Barbón durante o vídeo conferencia con Pedro Sánchez.. GOBERNO DE ASTURIAS.
Adrián Barbón durante o vídeo conferencia con Pedro Sánchez.. GOBERNO DE ASTURIAS. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta