Os positivos en Galicia aumentan en 249, menos que o sábado, e sitúanse en 5.175

Rexistráronse oito novos falecementos para un total de 182, pero redúcese a cifra de pacientes tratados nas UCIs.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2020 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Os casos positivos por coronavirus en Galicia chega aos 5.175, un aumento de 249 persoas nun día, o que supón que o crecemento foi menor ao rexistrado o sábado, de 291 casos. Por outra banda, o falecemento de oito persoas nas últimas horas eleva a cifra de mortes ata as 182, mentres que as altas supoñen 587.

Persoal sanitario atendendo a un paciente con coronavirus nunha sala da UCI do hospital
Persoal sanitario atendendo a un paciente con coronavirus nunha sala da UCI do hospital | Fonte: médicos e enfermeiros

Desta maneira, as cifras galegas que ofrece o Servizo Galego de Saúde (Sergas) concorda ás do resto da Península, onde tamén diminuíron o número de casos que se detectaron dun día para outro.

Do total de pacientes de coronavirus, 1.058 son da área da Coruña, 555 da de Lugo, 921 da de Ourense, 444 da de Pontevedra, 1.075 da área de Vigo, 816 da de Santiago, e 306 da de Ferrol.  Ademais, sábese que 169 permanecen en UCI, 893 están en unidades de hospitalización e 4.113 no domicilio.

Por outra banda, a boa noticia destes datos son o incremento en número de altas que chega xa aos 587 (+74) e a caída de pacientes que están a ser tratados na Unidade de Coidados Intensivos, que se reduce a 169 persoas (-8).

FALECIDOS

En canto aos falecementos, Sanidade informa de dúas mortes no HULA (un home de 92 anos e unha muller de 86), outras dúas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (unha muller e un home de 85 e 86 anos), un home de 92 ingresado no CHUS e outro de 90 que permanecía no Hospital da Rosaleda, tamén na capital galega. Ademais, súmanselle outro home de 78 anos ingresado no CHUAC e unha muller de 84 que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Coas deste domingo, as 182 mortes rexistradas ata agora en hospitais da Comunidade repártense entre a 53 da área sanitaria da Coruña, 37 na área de Vigo, 33 na de Ourense, 24 en Santiago, 14 en Lugo, 12 en Ferrol e 9 na de Pontevedra.

No entanto, hai que ter en conta que, no balance trasladado pola Consellería de Sanidade non figuran as mortes que se rexistran fóra dos hospitais, entre elas as que teñen lugar en residencias de maiores. Segundo datos de Política Social, nestes centros xeriátricos producíronse ata o momento 34 falecementos de persoas diagnosticadas con COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta