Os 16 falecementos rexistrados este domingo elevan a 190 o número de vítimas mortais por Covid-19

Esta cifra é superior aos 15 do sábado, pero notablemente inferior aos 21 do venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

O falecemento nas últimas horas doutras oito persoas que foran diagnosticadas con COVID-19, e que ademais contaban con patoloxías previas, eleva o número de vítimas mortais en hospitais galegos a 190.

Por áreas, segundo informan a Europa Press fontes sanitarias, tres destes mortos, homes de 88, 74 e 72 anos, respectivamente, concéntranse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Así mesmo, morreron con coronavirus dous homes de 89 e 73 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e no Hospital do Barco de Valdeorras (Ourense), respectivamente.

A estes súmanse outro home de 86 que permanecían no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), unha muller de 90 en Povisa, en Vigo, e outra de 91 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).

Con estas oito vítimas coñecidas nas últimas horas, a pandemia do COVID-19 deixou un total de 16 falecidos na xornada deste domingo en hospitais da Comunidade, todos con patoloxías previas. Esta cifra é superior aos 15 do sábado, pero notablemente inferior aos 21 do venres.

Ademais dos xa mencionados, este domingo morreron un home e unha muller de 92 e 86 anos, respectivamente, ingresados no Hospital Lucus Augusti de Lugo (HULA); unha muller e un home de 85 e 96 no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; un home de 92 ingresado no CHUS; outro de 90 que permanecía no Hospital A Rosaleda, tamén na capital galega; outro de 78 no Chuac; e unha muller de 84 no CHUO.

No entanto, hai que ter en conta que, no balance trasladado pola Consellería de Sanidade non figuran as mortes que se rexistran fóra dos hospitais, entre elas as que teñen lugar en residencias de maiores. Segundo datos de Política Social, nestes centros xeriátricos producíronse ata o momento 34 falecementos de persoas diagnosticadas con COVID-19.

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta