Retiran un gran tronco da entrada da Ría de Arousa e un tanque cilíndrico na de Ares

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2020 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Medios de Salvamento Marítimo retiraron nas últimas horas un tronco "de grandes dimensións" da entrada da Ría de Arousa e un tanque cilíndrico na de Ares.

Segundo informou Salvamento Marítimo, na tarde deste luns o pesqueiro 'San Pedro' informou dun tronco de "grandes dimensións" á entrada da Ría de Arousa "perigoso para a navegación".

Por iso, foi mobilizada a embarcación 'Salvamar Sargadelos', que remolcou o tronco ata o ata porto coruñés de Ribeira, confirmaron as mesmas fontes.

Ademais, na xornada do luns tamén a embarcación 'Salvamar Betelgeuse' remolcou ata o Porto de Ferrol un tanque cilíndrico que estaba á deriva na Ría de Ares para a súa entrega a persoal de amarradores.

Neste caso a emerxencia foi coordinada polo Centro de Control de Salvamento Marítimo na Coruña.

Salvamento Marítimo retira un tronco grande da entrada da Ría de Arousa.. SALVAMENTO MARÍTIMO
Salvamento Marítimo retira un tronco grande da entrada da Ría de Arousa.. SALVAMENTO MARÍTIMO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta