A Xunta cambia a política informativa sobre a morte de maiores en residencias e facilitará o número total

O Goberno galego quere amosar transparencia sobre os maiores falecidos, tanto os que o fan en residencias como nos hospitais, tras as críticas recibidas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/04/2020 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

A Xunta decidiu modificar a súa política informativa en relación as mortes dos usuarios de residencias de maiores. A pasada semana anunciaba que deixaba de facilitar o dato dos maiores vítimas de coronavirus nos hospitais galegos e que só daría o dato dos mortos nas residencias. Un cambio que foi duramente contestado polas asociacións de familiares, que chegaron a denunciar que se estaba "traficando" cos datos dos seus seres queridos, e tamén pola oposición que pediu transparencia a Feijóo.

Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores
Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores | Fonte: Miguel Núñez

Por iso, este martes, A Xunta anunciaba que, partir de agora, se centralizará na Consellería de Sanidade a información de cara aos medios de comunicación relacionada coa pandemia de coronavirus, tanto o total dos casos como os datos relativos a todos os centros residenciais da comunidade autónoma.

Deste xeito, a Consellería de Sanidade comunicará diariamente a través de nota de prensa o número global de casos de coronavirus detectados en centros residenciais, así como os falecementos dos seus usuarios, tanto os producidos no propio centro como os producidos nos hospitais e residencias integradas.

Nun xesto de transparencia, o Executivo galego tamén centralizará toda a información relativa ás catro residencias integradas que existen nestes momentos en Galicia (Os Milagros en Baños de Molgas, Porta do Camiño en Santiago de Compostela, DomusVi Cangas, neste concello, e DomusVi Barreiro, en Vigo) e ás que se poidan poñer en marcha no futuro.

"Tómase esta decisión para que os medios de comunicación poidan contar coa mesma información que ata o de agora pero estruturada dun xeito que facilite a súa organización e transmisión á opinión pública", recolle o comunicado remitido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta