(Vídeos) Imaxinación ao poder: as procesións máis peculiares desta Semana Santa confinada

A xente estase inxeñando para reproducir a súa propia celebración. Eis as máis orixinais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A crise do coronavirus e a esixencia de permanecer confinados nos fogares obrigou a cancelar todas as procesións desta Semana Santa, mais houbo quen se resistiu e decidiu buscar alternativas a esta inédita situación. Neste tempo que para moitos sería de lecer, estas expresións convértense na maneira de alixeirar o confinamento.

Procesión con cervexas Estrella Galicia
Procesión con cervexas Estrella Galicia | Fonte: YouTube

Pasos dun balcón a outro, cervexas no canto de virxes, brincadeiras co papel hixiénico... Unha morea de vídeos que andan circulando polas redes e que foron creados do outro lado das ventás e balcóns, no interior das casas. Porque nesta Semana Santa, e nunca mellor dito, a procesión vai por dentro! 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta