'Urxa', 'Continental' e 'Sempre Xonxa': tres "fitos" do cinema galego, agora en liña

O Consello da Cultura completa o seu proxecto 'Trinta anos de audiovisual galego'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega (CCG) culminou o seu proxecto 'Trinta anos de audiovisual galego', ideado en colaboración coa CRTVG para dar a coñecer os tres films fundacionais do cinema galego, coa posta a disposición en liña da película 'Urxa', de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal.

O traballo, apunta o CCG, está dividido en tres capítulos ou relatos breves, ideados inicialmente como curtametraxes independentes, que narran tres momentos da vida de Urxa, unha muller con poderes sobrenaturais que representa o estereotipo de bruxa na tradición galega.

'Urxa', 'Continental' e 'Sempre Xonxa' son, ademais das tres películas que en 1989 se estrearon nas salas de cinema galegas, un "fito na cultura" contemporánea. Baixo esta premisa, o CCG e a CRTVG iniciaron este proxecto, que pon a disposición do público este patrimonio audiovisual, contextualizado con outros recursos e materiais didácticos.

Fotograma de 'Sempre Xonxa'
Fotograma de 'Sempre Xonxa'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta